Shi Jian 2
Shi Jian 2 / SJ 2 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Fabricante | CAST |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 19 de setembro de 1981[1][4][5] |
Foguete portador | FB-1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[1][2] |
Obxectivo da misión | Medicións da contorna terrestre.[1][2] |
Decaemento | 17 de agosto de 1982[4] |
NSSDC ID | 1981-093D |
Masa | 483 kg[1] |
Shi Jian 2 ou SJ 2 foi un satélite artificial da China lanzado o 19 de setembro de 1981 a bordo dun foguete Feng Bao 1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan xunto cos satélites Shi Jian 2A e Shi Jian 2B.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]SJ 2 foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 483 kg e forma de prisma octahédrico de 0,615 m de diámetro e 1,2 m de altura. Estabilizábase mediante xiro, alimentábase mediante catro paneis solares e levaba a bordo varios instrumentos para medir os micrometeoritos, a lixo espacial e o fondo electromagnético da contorna terrestre:
- Un radar de microondas para estudar os restos en órbita cun tamaño de entre 3 e 10 cm a distancias de entre 600 e 1300 km.
- Un detector de impactos para estudar os micrometeoritos e a presión da radiación.
- Gran colector sensible, situado detrás dos paneis solares, para medir micrometeoritos.
- Monitor óptico para detectar cambios na superficie dos paneis solares debidos a impactos.
O satélite reentrou na atmosfera o 17 de agosto de 1982. Un satélite idéntico non chegou a órbita nun lanzamento anterior, polo que SJ-2 pode considerarse o seu sucesor.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 2A" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 2" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-2B" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2021). "SJ-2 ("Chinasat 9")" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021.