Shi Jian 2B
Aparencia
Shi Jian 2B / SJ 2B | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Fabricante | CAST |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 19 de setembro de 1981[1][4][5] |
Foguete portador | FB-1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[1][2] |
Obxectivo da misión | Calibración de radares terrestres.[1][2] |
Decaemento | 26 de setembro de 1981[4] |
NSSDC ID | 1981-093A |
Masa | 257 kg[1] |
Shi Jian 2B ou SJ 2B foi un satélite artificial da China lanzado o 19 de setembro de 1981 a bordo dun foguete Feng Bao 1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan xunto cos satélites Shi Jian 2 e Shi Jian 2A.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]SJ 2B foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 257 kg e foi lanzado como obxectivo de calibración para radares terrestres. O satélite consistía nunha esfera inflable de 4 m de diámetro unida por un cable de 600 m de longo a unha esfera de metal de 45 cm de diámetro. O satélite reentrou na atmosfera o 26 de setembro de 1981. Un satélite idéntico non chegou a órbita nun lanzamento anterior, polo que SJ-2B pode considerarse o seu sucesor.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 2B" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 2B" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-2" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2021). "SJ-2B ("Chinasat 11")" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021.