Saltar ao contido

STS-45

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-45
Lanzamento da misión STS-45.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento24 de marzo de 1992, 13:13 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,92 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos co laboratorio ATLAS 1.[3][6]
Regreso2 de abril de 1992[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1992-015A

STS-45 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 24 de marzo de 1992 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-45, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos co laboratorio ATLAS 1, orientado ao estudo do Sol e da atmosfera terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Charles F. Bolden Jr., o piloto Brian Duffy, os especialistas de misión Kathryn D. Sullivan, David C. Leestma, Michael Foale e os especialistas de carga Byron Lichtenberg e Dirk D. Frimout, o primeiro astronauta belga.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 2 de abril de 1992.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 45" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-01075). 7 de xaneiro de 1993: 4. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 45" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-45 - Atlas-1" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-45" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-45" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]