STS-49
STS-49 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-49. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 7 de maio de 1992, 23:40 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 8,89 días[6] |
Obxectivo da misión | Primeiro voo do Endeavour, recuperación e reparación do satélite Intelsat VI.[3][6] |
Regreso | 16 de maio de 1992[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1992-026A |
STS-49 foi a primeira misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 7 de maio de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-49, con sete astronautas a bordo (Daniel Brandenstein, Kevin Chilton, Richard Hieb, Bruce Melnick, Pierre Thuot, Kathryn Thornton e Thomas Akers), foi lanzada para recuperar e reparar o o satélite Intelsat VI. Despois dun lanzamento sobre un foguete Commercial Titan III, Intelsat VI quedou nunha órbita baixa polo fallo da última etapa. A tripulación da STS-49 recuperou o satélite tras tres sucesivos paseos espaciais, o último dos cales foi o primeiro no que participaron tres astronautas á vez. Tras capturalo adosáronlle un novo motor para envialo á súa órbita final xeosincrónica. Fíxose un cuarto paseo espacial para probar técnicas de construción no espazo de cara á montaxe dunha futura estación espacial mediante o experimento Assembly of Station by EVA Methods (ASEM). Como experimentos secundarios o Endeavour levaba a bordo os experimentos CPCG, UVPI e AMOS.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 16 de maio de 1992, tras extenderse a súa misión dous días. Foi a primeira vez que un transbordador usou un paracaídas na súa aterraxe para reducir a súa velocidade.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 4. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-49" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-49 |