STS-88
STS-88 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-88. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 4 de decembro de 1998, 8:35 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 11,80 días[6] |
Obxectivo da misión | Primeira misión de montaxe da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 15 de decembro de 1998[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1998-069A |
STS-88 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 4 de decembro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-88, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para unirse ao módulo base da Estación Espacial Internacional, Zarya, por primeira vez e acoplar o módulo Unity, tamén coñecido como Nodo 1. Unha vez unidos, Zarya e Unity formaron o núcleo arredor do cal se construiría o resto da estación. Ao final da súa misión o transbordador soltou os satélites MightySat-1 e SAC-A. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto Frederick W. Sturckow e os especialistas de misión Nancy J. Currie, Jerry L. Ross, James H. Newman e Sergei K. Krikalev.[3][5][6][7]
O transbordador permaneceu 12 días no espazo, levándose a cabo tres actividades extravehiculares para cablear e instalar diferentes elementos. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 15 de decembro de 1998.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 88" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422(E)). 21 de xullo de 1999: 4. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 88" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-88 / ISS-2A" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-88" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (10 de febreiro de 2010). "STS-88" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-88 |