Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
Sabarís | |
---|---|
A Porta do Sol, en Sabarís. | |
Parroquia | Santa Cristina da Ramallosa |
Concello | Baiona |
Coordenadas | 42°06′37″N 8°49′13″O / 42.110277777778, -8.8202777777778 |
Poboación | 387 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sabarís é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2013 tiña 387 habitantes (185 homes e 202 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]Segundo Elixio Rivas Quintas[1], o topónimo Sabarís é de orixe xermánica, a través de (Villa) Sabaricii. Sabaricii deriva de Sabaria (lugar) + ric ou rik (xefe) + o xenitivo -ii (pertencente a); o significado de Villa Sabaricii era "Vila do Xefe de Sabaria". A rexión de Sabaria estaba situada entre as actuais provincias de Zamora e Valladolid. No ano 573 o rei visigodo Leovixildo conquistou a zona aos suevos, que se refuxiaron noutras áreas do Reino de Galicia.[Cómpre referencia]
Segundo José de Santiago y Gómez[2] a orixe toponímica de Sabarís é anterior á ocupación sueva e relaciónase coas poboacións gregas que xunto ás autóctonas celtas fundaron colonias nas costas occidentais de Galicia[3]. Segundo este autor, os focenses, que foron os que máis exploraron as costas da península, deron o nome de Sabarís a un lugar inmediato a Adobriga (Baiona), derivado de Sybaris, colonia grega da costa do mar Mediterráneo, pola fertilidade do Val Miñor e a semellanza á cidade de Lucania, que deu nome aos sibaritas, e trala destrución da cal os seus moradores fundaron varias colonias na Península Itálica e a Península Ibérica.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]Co sufixo -ense pode formarse o xentilicio culto de xénero neutro sabaricense, máis propio para designar o patrimonio cás persoas.[4]
Cos sufixos -ino/-ina e -eño/-eña fórmanse os xentilicios sabarisino/-ina e sabariseño/-eña. O primeiro ten unha implantación máis antiga en Galicia có sufixo -eño, mais os habitantes da parroquia móstranse reticentes a utilizar a primeira variante, sendo máis común a segunda que ademais está en consonancia co xentilicio gondomareño/-a utilizado para os habitantes de Gondomar, localidade situada a 4 quilómetros e con topónimo tamén de orixe xermánica.[Cómpre referencia]
Feira
[editar | editar a fonte]En Sabarís celébrase unha importante feira todos os luns dende hai máis dun século.[Cómpre referencia]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Cristina da Ramallosa, Baiona.
-
Petróglifos do Outeiro dos Lameiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elixio Rivas. "Historia". Archived from the original on 13/04/2001. Consultado o 27/10/2014.
- ↑ de Santiago Gómez, José (1896): Historia de Vigo y su comarca.
- ↑ Lucas Vidal Rouco. Desenvolvimiento urbano de Sabarís. Lic. Arquitectura, Escuela Superior Gallaecia. V.N. Cerveira, 2004
- ↑ Elías Domínguez Prieto. Xentilicios do Concello de Laza. Ourense, 2003
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Cristina da Ramallosa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona | |
---|---|
As Areas | Bouzos | O Caeiro | O Cruceiro Novo | Devesa | Ladeira | Morade | O Outeiro | A Ponte | A Ponte Nova | A Ramallosa | A Ribeira | Sabarís | A Serralleira | Sopegal | Viso de Calvos | O Xuncal |