Sabino Jurado Romero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Tui, España |
Morte | 11 de maio de 1970 (69/70 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Familia | |
Pai | Sabino Jurado |
Irmáns | José Jurado Romero |
Sabino Jurado Romero, nado en Tui cara a 1900 e finado en Cidade de México o 11 de maio de 1970, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Sabino Jurado. Avogado, traballou en Madrid no gremio da leitería e nunha compañía de patentes internacionais. Na guerra civil foi membro do Estado Maior do XVII Corpo de Exército. Foi ascendido a capitán de milicias o 16 de outubro de 1938.[1] Coa derrota da República exiliouse en Francia e foi internado nos campos de concentración de Prats de Molló, Le Téch e Barcarès.[2] O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Viúvo, casou en México con Martha Castillejo Martínez en 1946.