Sacarrollas
Aparencia
O sacarrollas[1] é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón.[2]
Tipos
[editar | editar a fonte]Existen diferentes tipos de sacarrollas:[3]
- De botella, o máis habitual que á súa vez adopta diferentes formas.
- Pregable, propio de hostalería, xa que se pode levar no peto.
- De ás que se erguen ó introducir a barrena, facilitando así a extracción ó facer panca. É moi común no ámbito doméstico.
- De parede, acaroado á parede e que se acciona por sistema de panca.
- De láminas ou lingüetas - consistente en dúas láminas metálicas que se introducen nos laterais do pescozo da botella extraendo deste xeito a rolla intacta. Tamén permite reintroducir o tapón.
- De aire comprimido - inxéctase aire cunha bomba atravesando o tapón cunha agulla. A corrente de aire fai elevar o tapón, pero pode prexudicar a estrutura do viño, polo que é pouco utilizado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacarrollas.
- ↑ O nome tirabuxón está moi documentado en diferentes fontes coma: X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas n'El Pueblo Gallego)
- ↑ Segarra Montaner, Oriol (2004). Winesoft: El software para aficionados al vino. AMAT. p. 190. ISBN 9788497351201. Consultado o 18 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo do SacarrollasArquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sacarrollas |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de sacarrollas |