Sad Sirub
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1972 (52 anos) Bagdad, Iraq |
Bispo titular | |
11 de xaneiro de 2014 – Diocese: Titular Episcopal See of Hirta (en) | |
Bispo auxiliar | |
11 de xaneiro de 2014 – Diocese: Patriarcado dos Caldeus (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2014–), sacerdote católico (2001–), profesor universitario |
Consagración | Luís Rafael I Saku |
Sad Sirub (en árabe: سعد سيروب), nado en Bagdad (Iraq) o 6 de setembro de 1972, é un eclesiástico católico caldeo, bispo e visitador apostólico para os caldeos de Europa dende 2016.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de rematar os estudos de Enxeñaría aeronáutica en Bagdad, comezou estudos de filosofía no Seminario Patriarcal Caldeo. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Urbaniana, e logo de ser ordenado sacerdote o 13 de outubro de 2001, licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade Gregoriana. Entre 2005 e 2006 foi párroco de San Xacobe de Bagdad, e en 2008 doutorouse en Teoloxía en Roma, e posteriormente volveu a Bagdad onde foi párroco da catedral de San Xosé de Bagdad.
O 10 de xuño de 2013 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado de Babilonia e bispo titular de Hirta. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Luís Rafael I Saku o 24 de xaneiro de 2014. O 19 de novembro de 2016 substituíu a Ramsi Karmu como visitador apostólico dos caldeos residentes en Europa.
Notas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Ramsi Karmu |
Visitador apostólico dos caldeos en Europa dende 2016 |
Sucesor: (no cargo) |