Sakura, cazadora de cartas
Sakura, cazadora de cartas | |
---|---|
カードキャプターさくら (Kādokyaputā Sakura) | |
Xénero | Maxia e romance |
Manga Sakura, cazadora de cartas | |
Creado por | CLAMP |
Editor | Nakayoshi |
Publicado en | Kodansha |
Primeira edición | maio de 1996 |
Última edición | xuño de 2000 |
Núm. de volumes | 12 |
Anime Sakura, cazadora de cartas | |
Dirixido por | Morio Asaka |
Estudio | Madhouse |
Canle televisiva | NHK BS2 |
Primeira emisión | 7 de abril de 1998 |
Última emisión | 21 de marzo de 2000 |
Núm. de capítulos | 70 |
Outros | |
Sakura, cazadora de cartas[1] (カードキャプターさくら Kādokyaputā Sakura?), tamén coñecido polo seu título en inglés Cardcaptor Sakura, é un serie manga escrita e ilustrada polo grupo artístico feminino CLAMP. O manga publicouse serializado mensualmente na revista shōjo Nakayoshi de maio de 1996 a xuño de 2000. Tamén foi publicado en 12 volumes tankōbon de Kodansha entre novembro de 1996 e xullo de 2000. A historia céntrase en Sakura Kinomoto, unha alumna de primaria que descobre poderes máxicos despois de liberar accidentalmente un conxunto de cartas máxicas no mundo; debe recuperar as cartas para evitar a catástrofe. Cada unha destas cartas outorga diferentes poderes máxicos e só pode ser activada por alguén con habilidades máxicas inherentes. Unha secuela de Clamp, Kādokyaputā Sakura Kuria Kādo-hen, centrada en Sakura na escola secundaria, comezou a serializarse en Nakayoshi en 2016.
É tamén un serie de animación (1998-2000) baseado no manga, de 70 episodios de media hora e dous filmes. A serie anime estreouse en galego o 15 de xaneiro de 2024 no Xabarín Club a través da tvG2.[2] Foi traducida por Adrián Ramos e a dirección da dobraxe é obra de Antón Rubal.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Sakura Kinomoto, rapaza de dez anos descobre un día, na biblioteca do seu pai, un libro misterioso, do que sae Kerberos, unha pequena criatura con ás que lle di que el é o garda das cartas, creadas por un meigo hai séculos, cada carta posúe un poder propio, pero hai un problema as cartas xa non están no libro. Kerberos confía a Sakura a misión de xuntar todas as cartas, antes de que se produza unha catástrofe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sakura, cazadora de cartas no Xabarín Club". xabarin.gal. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2024. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Estrea de Sakura, cazadora de cartas en galego na TVG". @DobraxeGalega. 15 de xaneiro de 2024. Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Director de dobraxe e tradutor de Sakura, cazadora de cartas en galego na TVG". @Cinemarfilms. 15 de xaneiro de 2024. Consultado o 16 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sakura, cazadora de cartas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Considine, J. D. (20 de xaneiro de 2002). "Television/Radio: Making Anime A Little Safer For Americans". The New York Times. Consultado o 1 de abril de 2011.
- Thompson, Jason (31 de marzo de 2011). "Card Captor Sakura". House of 1000 Manga. Anime News Network. Consultado o 1 de abril de 2011.
- West, Mark; Ellis, Bill (outubro de 2008). "Folklore and Gender Inversion in Cardcaptor Sakura". The Japanification of Children's Popular Culture: From Godzilla to Miyazaki. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. pp. 249–266. ISBN 978-0-8108-5121-4 – vía Google Books.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en xaponés)
- Sakura, cazadora de cartas en NHK (en xaponés)