Saltar ao contido

Salón dos Independentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Société des Artistes Indépendants (Sociedade dos Artistas Independentes) formouse en París no verán de 1884 escollendo o lema "Sen xurado nin premios" (Sans jury nin récompense). Albert Dubois-Pillet, Odilon Redon, Georges Seurat e Paul Signac atopábanse entre os seus fundadores. Dous anos máis tarde, en 1886, os Artistes Indépendants montaron a súa segunda exposición, e dende entón durante tres décadas as súas exposicións anuais estableceron as tendencias. Todas as tendencias artísticas de principios do século XX expuxéronse e discutíronse amplamente por vez primeira neste Salón dos Independentes. A primeira guerra mundial trouxo consigo unha cruel paréntese á súa actividade, aínda que os Artistes Indépendants permaneceron activos: coa sede nos vastos baixos do Grand Palais desde 1920 (na porta de á beira da Société des Artistes Français, a Société Nationale des Beaux-Arts, a Société du Salon d'Automne, e outras), a súa exposición anual 117º tivo lugar na primavera de 2007 no Espace Champerret.

Durante o Segundo Imperio, os artistas que non eran apoiados pola Academia de pintura e de escultura oficial, a cargo das exposicións do Salón de París anual ou sen o apoio de políticos tiñan poucas posibilidades de avanzar. De ano en ano, o número de artistas que traballaban en París, o número de artistas que sometían obras ao xurado do Salón e o número de obras rexeitadas polo xurado, incrementáronse, pero nin o Segundo Imperio, nin a Terceira República atoparon unha saída a esta situación.

En 1884, finalmente, os artistas comezaron a organizarse eles mesmos, e o Ministerio de Belas Artes autorizou a un «Grupo de artistas independentes» a que organizasen unha exposición, mentres que a Cidade de París estivo conforme en achegar locais para a presentación. Así que, dende o 15 de maio ata o 15 de xullo, a primeira exposición «libre» de arte contemporánea amosou máis de 5.000 obras de máis de 400 artistas.

Aínda que sostido por Mesureur, vicepresidente do Concello de París e gran mestre da Grande Loxa de Francia, por Frédéric Hattat, presidente da comisión de Belas Artes do mesmo concello, por Albert Dubois-Pillet, encargado da Garda Republicana, membro do Gran Oriente de Francia, o comezo da Compañía, considerada como un niño de revolucionarios, foi difícil.

Establecemento

[editar | editar a fonte]

O 11 de xuño de 1884, Maître Coursault, notario en Montmorency, oficialmente confirmou a creación da Société. Segundo o artigo 1 dos estatutos da organización,

...o propósito da Société des Artistes Indépendants -baseada no principio da abolición dun xurado de admisión- é permitir aos artistas presentar a súa obra ao xuízo público con completa liberdade.

"Groupe" e "Société"

[editar | editar a fonte]

Membros do Groupe desafiaron esta fundación e tiveron éxito ao conseguir unha exposición organizada «para as vítimas da recente epidemia de cólera», inaugurada o 1 de decembro de 1884, por Lucien Boué, Presidente do Concello de París. Pero financeiramente o resultado foi unha desfeita. Malia iso, na primavera de 1885, o "Groupe" organizou a súa seguinte exposición, esta vez con algún éxito.

Anos heroicos

[editar | editar a fonte]

Entre as obras expostas estiveron Un baño en Asnieres por Georges Seurat e A ponte de Austerlitz de Paul Signac, e a arte de Henri-Edmond Cross, Odilon Redon, Albert Dubois-Pillet, Louis Valtat, Armand Guillaumin, e Charles Angrand. Pero ao comezo do século XX, todas as tendencias da Escola de París sucederíanse unha detrás doutra no Salón dos Independentes: neoimpresionismo, fauvismo, e cubismo.

Dende 1920

[editar | editar a fonte]

En 1920, a Société des Artistes Indépendants obtivo o Grand Palais para as exposicións do seu Salón.

Logo da segunda guerra mundial, o Salón dos Independentes renovouse co grupo de artistas Le Jeune Peinture: Dunoyer de Segonzac, Bernard Buffet, Jean Carzou, Maurice Boitel, Yves Brayer, Aristide Caillaud, Daniel du Janerand, entre outros.

Famosos expositores

[editar | editar a fonte]
  • Monneret, Sophie: L'Impressionisme et son époque, dictionnaire international, París 1980 ISBN 2-221-05222-6
  • Socièté des artistes indépendants, 76e exposition: Le Premiers Indépendants: Rétrospective 1884-1894, Grand Palais des Champs-Élysées, 23 de abril a 16 de maio de 1965

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]