Salto mortal
Aparencia
A volta ou salto mortal é unha proba de destreza acrobática na que unha persoa rota ao redor do seu plano medio, movendo os seus pés cara á súa cabeza. O salto pode ser adiante ou atrás.
Existen numerosas variacións dos saltos mortais adiante e atrás cuxas versións definidas con maior precisión técnica forman parte do deporte de competición chamado trampolining. Neste deporte existen catro variantes entre os saltos mortais que se realizan en competición, que son: tuck, pike, straight e straddle ou ao carricho.
Tipos
[editar | editar a fonte]Deseguido, máis información sobre as devanditas variantes:
- Straigt, nela non se forma ningún ángulo entre as partes do corpo;
- Tuck, nela o ángulo entre as coxas e a parte baixa da perna é menor a 90 graos, os xeonllos están pechados coas puntas cara embaixo, o ángulo entre as pernas e o tronco é menor de 90 graos, as mans toman con forza a tibia polo costado do corpo e os brazos están pegados ao mesmo;
- Pike, cun ángulo entre o corpo e as coxas menor de 90 graos, as pernas completamente estendidas, as mans tocan a punta dos dedos do pé, o peito afundido e a cabeza en posición neutral;
- Straddle, coas pernas separadas en ángulo maior de 90 graos, mentres estas e o tronco deben formar un ángulo menor de 90 graos.
Outras destrezas relacionadas co salto son, entre outras moitas:
- Barani (salto mortal adiante con 1/2 xiro)
- Rudi (salto mortal adiante con 1 1/2 xiros)
- Rudi ball out (desde dorsal, mortal á fronte cun e medio xiros)
- Full Back ou frontfull (backflip ou frontflip con 1 xiro).
- Double (dobre salto mortal adiante ou atrás)
- Double Full (salto mortal cara a atrás con 2 xiros)
- Half Out (dobre mortal con medio xiro no último salto)
- Adolf (salto mortal adiante con 3 1/2 xiros)
- Back in - Full out (dobre salto mortal atrás con 1 xiro no segundo mortal)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salto mortal |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Salto mortal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Trois Dialogues de l’exercise de Sauter et Voltiger en l'air ; Avec les figures. Chez ^Claude ^de Monstr’œel, París 1599, (en francés).
- Arnd Krüger, John McClelland: Die Anfänge des modernen Sports in der Renaissance. (= Beiträge und Quellen zu Sport und Gesellschaft. Band 2). Arena Publ., Londres 1984, ISBN 0-902175-45-9, (en alemán).
- Flavio Bessi: Materialien für die Trainerausbildung im Gerätturnen – erste Lizenzstufe. 3., veränderte Auflage. Eigenverlag, Freiburg 2009, ISBN 978-3-00-027421-3, (en alemán).
- * Christian Peiler, Dennis Peiler: Optimales Voltigiertraining. 555 Übungen und Methoden vom Breiten- bis Spitzensport. 2., überarbeitete Auflage. FNverlag, Warendorf 2006, ISBN 3-88542-452-5, S. 189, (en alemán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biomecánica e Técnica da volta mortal adiante - Animated Cómic Tutorial, (en inglés).
- Saltos mortais[Ligazón morta], (en alemán). Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- Sportwissen aktuell: Bodenturnen – Salto mortal Arquivado 01 de setembro de 2021 en Wayback Machine., (en alemán). Consultado o 31 de xaneiro de 2017.