Salvador Domingo Lliso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 ![]() Marín, España ![]() |
Morte | 9 de outubro de 1937 ![]() A Coruña, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
![]() |
Salvador Mateo Domingo Lliso, nado en Marín cara a 1908 e finado na Coruña o 9 de outubro de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Empregado da oficina dun exportador de peixe da Coruña. Membro da CNT e do PCE, socio de Germinal, e membro do SIP. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia. Logo estivo fuxido. Foi un dos participantes da fuxida do Portiño. O 8 de marzo de 1937, cando intentaba escapar por mar a Francia foi arrestado no Portiño.[1][2][3] Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,[4] foi condenado a pena de morte e pasado polas armas o 9 de outubro de 1937 con José García Vázquez, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra. 2009. ISBN 978-84-8341-306-7.