Salvados
Salvados | |
---|---|
![]() | |
Formato | Reportaxes |
Desenvolvido por | Sergio Castro, Jordi Gago, Santiago González, Xavier Navarro, Pepe Tienda |
Presentado por | Gonzo |
Día(s) de emisión | Domingos |
Horario de emisión | 21:25 h |
Cadea | ![]() |
Día da estrea | 24 de febreiro de 2008 |
Nº de temporadas | 13 |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Salvados é un programa de televisión producido por El Terrat, emitido pola cadea laSexta e presentado por Gonzo. Estreouse o 24 de febreiro de 2008 como unha serie de programas especiais temáticos presentados por Jordi Évole. Co inicio da segunda tempada, o 19 de outubro de 2008, abandonou o seu carácter temático e pasou a emitirse semanalmente. O programa evolucionou dende uns inicios nos que o humor era unha das súas principais características até centrarse cada vez máis na información e nas reportaxes sobre temas de actualidade.
Historia e emisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de episodios de Salvados.
Primeira etapa
[editar | editar a fonte]Na súa primeira etapa, emitiuse como unha serie de especiais co obxectivo de achegarse con humor e dun xeito fresco, atrevido e sen complexos a algúns dos acontecementos, institucións e hábitos máis arraigados da sociedade española, como a Igrexa, o fútbol, a televisión ou as touradas.[1] No transcurso desta primeira tempada emitiron os seguintes capítulos: Salvados por la campaña, Salvados por la iglesia, Salvados por la Eurocopa, Salvados por los toros, Salvados por la tele e Salvados por las vacaciones. Salvados por la campaña consta de dúas partes, emitidas respectivamente o 24 de febreiro e o 2 de marzo de 2008. Debido ó éxito de audiencia empezaron a gravar máis programas. Tres meses despois sae Salvados por la Iglesia, que tamén constaba de dúas partes. A mediados de xuño chega Salvados por la Eurocopa, en xullo, polos Sanfermines, chega Salvados por los Toros, primeiro programa que consta dunha soa parte. Posteriormente chegaría Salvados por la Tele, tamén dunha parte e finalmente Salvados por las Vacaciones, coa que conclúen a primeira tempada.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Trala renovación para unha segunda tempada na cadea, Salvados pasou a se converter nun programa de emisión semanal regular e deixou o seu carácter temático.[2] Nesta nova etapa, o programa mantivo algunhas seccións da primeira tempada, como as entrevistas en profundidade, pero tamén se engadiron outras novas.
Controversias
[editar | editar a fonte]- En xuño de 2008 o grupo HazteOir.org interpretou que o capítulo sobre a Igrexa Católica era ofensivo e iniciaron un boicot contra o programa. A empresa Heineken cedeu á presión e retirou a súa publicidade de Salvados.[3]
- En novembro de 2008, Évole foi ameazado pola FE/La Falange,[4] escisión extremista radicalizada e independente da Falange Española de las JONS, despois do programa emitido con motivo do 20-N, no que o presentador depositaba un ramo de flores coas cores da bandeira republicana na tumba de Franco no Valle de los Caídos.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Ondas 2008 á innovación ou á calidade televisiva polo especial Salvados por la campaña.
- Antena de Oro (2010) a Jordi Évole.
- Premios Ondas 2011 ó mellor presentador (Jordi Évole).
- Premio Ondas 2013 á Mellor cobertura ou especial informativo.
Audiencias
[editar | editar a fonte]Os datos de audiencias corresponden ós ofrecidos por FormulaTV.
Tempada | Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Porcentaxe | ||||||
1 | 6 | 24 de febreiro de 2008 | 20 de xullo de 2008 | 889 000 | 5,2% | ||
2 | 22 | 19 de outubro de 2008 | 15 de marzo de 2009 | 1 253 000 | 6,5% | ||
3 | 14 | 5 de setembro de 2010 | 19 de decembro de 2010 | 1 228 000 | 6,6% | ||
4 | 15 | 9 de xaneiro de 2011 | 22 de maio de 2011 | 1 200 000 | 6,1% | ||
5 | 15 | 4 de setembro de 2011 | 18 de decembro de 2011 | 1 249 000 | 6,6% | ||
6 | 17 | 29 de xaneiro de 2012 | 10 de xuño de 2012 | 1 760 000 | 8,0% | ||
7 | 14 | 16 de setembro de 2012 | 16 de decembro de 2012 | 2 756 000 | 13,5% | ||
8 | 16 | 3 de febreiro de 2013 | 2 de xuño de 2013 | 3 041 000 | 14,8% | ||
Total | - | 24 de febreiro de 2008 | - | - | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'¡No te olvides de la canción!' e 'De patitas en la calle' caen da grella da laSexta » Noticias Televisión FormulaTV.com". 2009.
- ↑ "Jordi Évole: "A edición semanal de 'Salvados' deixará de ser temática" » Noticias Televisión FormulaTV.com". 2009.
- ↑ "Heineken retira su anuncio del programa 'Salvados...' de laSexta" El Mundo, 7/6/2008 (en castelán).
- ↑ "Comunicado: La Falange (FE) estara en la calle pese a quien pese. "Por la memoria falangista"" (en castelán). 18/11/2008. Arquivado dende o orixinal o 08/02/2013. Consultado o 21/12/2012.