Sami Elopuro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1964 (60 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Sami Elopuro, nado o 22 de novembro de 1964, é un xogador de squash finlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar en torneos da PSA World Tour a finais da década de 1980 ata a súa retirada en 1995. Participou por primeira volta nun mundial coa selección finlandesa en 1985, repetiu en 1987 e levou o bronce do Campionato do Mundo na competición por equipos en 1991 que se celebrou en Finlandia, canda el participaron tamén Ville Mäkisarka, Pentti Pekkanen e Marko Pulli. En 1993 o seu equipo, liderado de novo por Elopuro, volveu xogar as semifinais e quedou cuarto. Participou tamén individualmente no Campionato do Mundo entre 1989 e 1995 e chegou a cuartos de final en 1992 e 1995. Logrou prata por equipos no campionato de Europa en 1991, 1992 e 1995 e bronce por equipos de 1986-1990 e 1996. Xogou 91 partidos nacionais entre 1984–1996 e gañou oito campionatos finlandeses, sete entre 1987 e 1993 e máis o de 1995 [1] .
Na clasificación mundial de squash, Elopuro chegou a estar na sétima posición en xaneiro de 1992, o máximo posto dun xogador finlandés en xogos individuais de raqueta [2]. Logo de se retirar iniciou unha carreira de adestrador de squash, e adestrou a xogadores como Jami Äijänen[3][4] ou Miko Äijänen[5][6].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Partido de exhibición entre Elopuro e C. Walker. Helsinqui (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Squashin Suomen mestarit Suomen Squashliiton sivuilla". Archived from the original on 21 de xullo de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2022.
- ↑ "New boss for Finnish Squash". Squashsite. 5 de agosto de 2010.
- ↑ "Jami Aijanen - Professional Squash Association". psaworldtour.com.
- ↑ "Squash Info - Jami Äijänen - Squash". www.squashinfo.com.
- ↑ "Miko Aijanen - Professional Squash Association". psaworldtour.com.
- ↑ "Squash Info - Miko Äijänen - Squash". www.squashinfo.com.