Samir Nasar
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1950 ![]() |
Arcebispo católico | |
26 de novembro de 2006 – ← Raimun Aid ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Líbano ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade Jean Moulin — Lyon 3 (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2006–), sacerdote católico (1980–) ![]() |
Consagración | Nasrala Pedro Sufair ![]() |
Samir Nasar[1][2] (en árabe: سمير نصّار), nado no Líbano o 5 de xullo de 1950, é un eclesiástico católico maronita, dende 2006 arcebispo de Damasco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1974, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade San Xosé de Beirut e no Instituto Católico de Lión, graduándose en 1976. Posteriormente estudou Historia na Universidade Lión III.
Foi ordenado sacerdote o 17 de agosto de 1980, e traballou como párroco. En 2005 foi nomeado corbispo.
O 10 de xuño de 2006 foi elixido arcebispo de Damasco polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 26 de novembro de 2006 de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.
Notas[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Raimun Aid |
Arcebispo de Damasco 2006 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |