Samuel Folgueral Arias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1963 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Samuel Folgueral Arias, nado en Ponferrada o 9 de outubro de 1963,[1] é un ex copiloto de rallys e político español.
Foi concelleiro de Ponferrada dende 2011 e converteuse en alcalde o 8 de marzo de 2013 tras unha moción de censura no concello.[2] Nas derradeiras eleccións de 2023 o seu grupo non se presentou, polo que perdeu a representación que tiña no concello.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou arquitectura na Coruña,[1][3] onde foi membro do equipo editorial da revista Ruptura dende a súa fundación en 1989.[4]
A principios dos anos 2000 adentrouse no mundo dos rallys, como copiloto de Conrado Fernández primeiro e de Antonio Garrido despois.[1]
Política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de maio de 2011, encabezou a candidatura do PSOE á alcaldía de Ponferrada, obtendo 8.433 votos e 8 concelleiros.[5] 5 concelleiros obtivo a candidatura de Independientes Agrupados de Ponferrada (IAP) e 12 a do Partido Popular (PP), cuxo cabeza de lista, Carlos López Riesco, foi elixido alcalde.
O 25 de febreiro de 2013, os oito concelleiros do PSOE e os 5 do IAP presentaron unha moción de censura, apoiada por todas as executivas do PSOE, dende a Federal ata o local, pasando pola Autonómica, a Provincial e a Comarcal.
A moción de censura foi votada o 8 de marzo de 2013, sendo Samuel Folgueral elixido alcalde cos 13 votos favorables do PSOE e IAP e os 12 en contra do PP.
Foi entón cando a líder socialista Carme Chacón,[6] que non se tiña pronunciado nos días transcorridos entre a presentación e o voto sobre a moción de censura, manifestouse en contra da moción por ter sido votada por Ismael Álvarez (presidente de IAP e concelleiro do Concello de Ponferrada), protagonista do caso Nevenka. A continuación producíronse numerosas manifestacións ao respecto dos políticos nacionais nas redes sociais[7] e medios de comunicación, e ás 8 da tarde Alfredo Pérez Rubalcaba, naquel momento secretario xeral do PSOE, ordenou a Samuel Folgueral que dimitise como alcalde.[7]
Este deuse de baixa do PSOE,[1] pero negouse a renunciar ao cargo de alcalde, provocando varias reaccións e declaracións políticas a nivel nacional.[8][9][10][11][12] Ocupou o cargo ata as eleccións de 2015, para as que fundou un novo partido, Unión Social de Electores do Bierzo (USE Bierzo),[13] co que obtivo cinco escanos. Ao non conseguir chegar a un acordo as demais forzas, asumiu a alcaldía a líder do partido máis votado, Gloria Fernández Merayo, do Partido Popular.[14]
Folgueral presentouse de novo á alcaldía nas eleccións de 2019, encabezando de novo o USE Bierzo pero obtendo só dous concelleiros.[15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Los oficios de Samuel Folgueral". El Diario de León (en castelán). 19 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "PSOE e IAP promueven una moción de censura en Ponferrada". Europa Press. 8 de marzo de 2013.
- ↑ "Samuel Folgueral: 'Siempre he hecho lo que he querido, no me siento frustrado por nada'". El Mundo (en castelán). 28 de marzo de 2011. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ Enrique Santos Gayoso, Historia de la prensa gallega, 1800-1986, Vol. 2, Ediciós do Castro, 1995, ISBN 8474927676 p. 307.
- ↑ "Consulta de datos electorais". Ministerio do Interior. Dirección Xeral de Política Interior. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "El PSOE se hace con la Alcaldía de Ponferrada con el apoyo del exalcalde condenado por acoso". RTVE.es (en castelán). 8 de marzo de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 Tejedor, Esther; Calvo, Vera Gutiérrez (9 de marzo de 2013). "Rubalcaba ordena ahora que renuncie el alcalde votado por el acosador de Nevenka". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "La infausta operación de Ponferrada cierra dos semanas negras para el PSOE" (en castelán). 9 de marzo de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ Tascón, Fernando (9 de marzo de 2013). "El concejal de Ponferrada Ismael Álvarez hace efectiva su renuncia". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Griñán pide explicaciones a Rubalcaba por la moción de censura de Ponferrada". www.20minutos.es (en castelán). 11 de marzo de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Rubalcaba, más severo: “O rectifica” o el PSOE le expulsará" (en castelán). 10 de marzo de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "El PSOE desautoriza "total y absolutamente" a Folgueral y sus concejales". LaSexta (en castelán). 10 de marzo de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Confirmado: USE Bierzo será el partido que encabece Folgueral" (en castelán). 17 de abril de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Gloria Merayo, primera alcaldesa de Ponferrada" (en castelán). 13 de xuño de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Candidatos elecciones municipales ayuntamiento Ponferrada 2019" (en castelán). 6 de maio de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados das eleccións municipais en Ponferrada". El País (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resultados de Samuel Folgueral en ewrc-results.com (en inglés).
Predecesor: Carlos López Riesco |
![]() Alcalde de Ponferrada 2013-2015 |
Sucesor: Gloria Fernández Merayo |