Samuel Hopkins Adams
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1871 Dunkirk, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 16 de novembro de 1958 (87 anos) Beaufort, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Hamilton College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, novelista, escritor, escritor de contos |
Familia | |
Cónxuxe | Jane Peyton |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Encyclopedia Americana Collier's New Encyclopedia |
|
Samuel Hopkins Adams, nado en Dunkirk (Nova York) o 26 de xaneiro de 1871 e finado en Beaufort (California) o 15 de novembro de 1958, foi un escritor e xornalista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1891 e 1900 foi reporteiro do New York Sun. En 1900 entrou no McClure's Magazine, onde gañou grande reputación cos seus artigos sobre a situación da saúde pública norteamericana. En 1905 escribiu unha serie de 11 artigos para o Collier's Weekly co título de The Great American Fraud (A gran fraude americana), onde analizou os compoñentes dalgunhas das medicinas máis populares do país, descubrindo que moitas das compañías farmacéuticas falseaban as propiedades de moitos dos seus produtos, mesmo ata ao punto de ser prexudiciais nalgúns casos. A serie tivo un grande impacto na opinión pública e permitiu a aprobación da lei coñecida como Pure Food an Drug Act en 1906 (aínda que en 1911 se derrogase parcialmente).