Samuel Prada León
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1993 Ourense, España |
Morte | 13 de febreiro de 2018 (24/25 anos) Afrîn, Siria (pt) |
Causa da morte | bomba aérea (pt) |
Outros nomes | Baran Galicia |
Residencia | Andorra |
Samuel Prada León, nado en Ourense en 1993 e finado en Afrin o 13 de febreiro de 2018, tamén coñecido como Baran Galicia, foi un militante galego-andorrano.[1] Foi o primeiro cidadán español en morrer en Siria loitando contra o Estado Islámico e as Forzas Armadas de Turquía durante a guerra civil siria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á idade de seis anos foi vivir coa súa nai, Beatriz Prada, a Andorra, onde ela tiña un restaurante.[2] Tras rematar os estudos secundarios comezou a militar en organizacións humanitarias, e no verán de 2017 foi a Siria nunha viaxe humanitaria. Canda a outros militantes de todo o mundo enrolouse nas Unidades de Protección Popular (YPG) e comezou unha formación militar acelerada para defender a fronte de Afrin xuntamente coas milicias kurdas que defendían a rexión da invasión turca.[2]
Faleceu o 10 de febreiro de 2018 canda ao seu compañeiro Olivier François Jean Le Clainche (Kendal Breizh),[3] e o seu corpo foi repatriado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anxo Angueira (28 de decembro de 2024). "Baran Galicia". Sermos Galiza. p. 5.
- ↑ 2,0 2,1 Cristina Huete (19 de febreiro de 2018). "El cooperante que acabó de miliciano en Siria". El País.
- ↑ "El cos del milicià Samuel Prada arriba avui des de Barcelona". El Periòdic d'Andorra. 17 de abril de 2018.
- ↑ "Els kurds acomiaden Samuel Prada com un heroi i deixen el fèretre en mans de les autoritats espanyoles". Altaveu. 21 de marzo de 2018.