San Fernando Club Deportivo
San Fernando CDI | |||
---|---|---|---|
nomecompleto = San Fernando Club Deportivo Isleño | |||
Alcume(s) | Azules, isleños, cañaíllas | ||
Fundación | 30 de xuño de 2009 | ||
Estadio | Iberoamericano 2010, San Fernando, España | ||
Inauguración | 22 de novembro de 1992 | ||
Capacidade | 12.000 | ||
Presidente | José Tréllez | ||
Adestrador | Antonio Iriondo | ||
Liga | 2ªB - Grupo 4 | ||
2011–12 | 2º (Terceira División) | ||
Vestimenta | Nike | ||
Na rede | |||
http://www.sanfernandocd.com/ | |||
| |||
O San Fernando Club Deportivo Isleño é un club de fútbol de España, da cidade de San Fernando, na provincia de Cádiz. Foi fundado o 30 de xuño de 2009 como sucesor do histórico desaparecido CD San Fernando. Actualmente xoga na Segunda División B Española por primeira vez na súa historia.
Historia
[editar | editar a fonte]O San Fernando Club Deportivo foi fundado no ano 2009, tras a desaparición do Club Deportivo San Fernando pola súa mala situación económica. Ese mesmo ano comprou a praza do Sporting de San Fernando, de Primeira Andaluza.[1]
Na súa primeira tempada (2009/10), o San Fernando logrou subir a Terceira. Na tempada 2010/11 consegue a segunda posición no grupo X de Terceira División clasificándonse para os play-off de ascenso a Segunda B dos que caeu na última eliminatoria fronte ao La Roda.
Na tempada 2011/12 repite na segunda posición e volve xogar os play-offs. Logo de superar a Mutilvera, Levante B e Laudio, o San Fernando logra o ascenso a Segunda División B.[2]
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta a franxas vermellas e brancas, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]O San Fernando Club Deportivo xoga os seus partidos como local no Estadio Iberoamericano 2010, na Cidade Deportiva Bahía Sur, que ten capacidade para 12.000 espectadores. O ano pasado disputaba os seus partidos no Campo de Deportes Bazán, debido ás reformas no Estadio de Bahía Sur.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2009/10 | Primeira Andaluza | 2º |
2010/11 | 3ª | 2º |
2011/12 | 3ª | 2º |
2012/13 | 2ªB | - |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos oficiais
[editar | editar a fonte]- Subcampión de Terceira División (2): 2010-11, 2011-12
- Subcampión de Primeira Andaluza (1): 2009-10
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo de la Vendimia de Chiclana (2): 2010, 2011
- Trofeo Costa de la Luz (1): 2010
- Trofeo Ciudad de El Puerto (1): 2011
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ San Fernando Club Deportivo (ed.). "Historia do Club". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de agosto de 2011.
- ↑ ABC El San Fernando logra el ascenso y jugara en Segunda B la próxima temporada Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine.(en castelán)