San Pietro in Vincoli
San Pietro in Vincoli | |
---|---|
Fachada da basílica. | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | Lacio |
Tipo | Basílica |
Advocación | San Pedro |
Localización | Roma |
Coordenadas | 41°53′38″N 12°29′35″L / 41.893872222222, 12.493069444444 |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Diocese de Roma |
Orde relixiosa | Cônegos Regulares Lateranenses |
Arquitectura | |
Construción | 439 |
Estilo | Igrexa |
Medidas | 70 x 40 m |
Páxina web | vicariatusurbis |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pietro in Vincoli (traducido: San Pedro en cadeas) é unha igrexa titular católica romana e basílica menor en Roma, Italia, máis coñecida para ser a casa da estatua de Michelangelo Moisés, parte da tumba do papa Xulio II.
Historia
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/MosesinStPeterinVincoliRome.jpg/220px-MosesinStPeterinVincoliRome.jpg)
A basílica foi construída na metade do século V para acoller a reliquia das cadeas coas que ataron a San Pedro durante o seu encarceramento en Xerusalén.
Segundo conta a lenda, a emperatriz Eudoxia (esposa do emperador Valentiniano III) ofreceu as cadeas como agasallo ó papa León I. Cando este as comparou coas cadeas do primeiro encarceramento de san Pedro no cárcere Mamertino en Roma, as dúas cadeas se uníronse milagrosamente. As cadeas gardáronse nun relicario baixo o altar principal da basílica.
A igrexa experimentou varias restauracións e reconstrucións, entre elas a restauración do papa Hadrián I e as reconstrucións do papa Sisto IV e de Xulio II. Tamén sufriu unha renovación en 1875. O pórtico frontal, incorporado en 1475, atribúeselle a Baccio Pontelli, mentres que o claustro (1493-1503), é obra de Giuliano da Sangallo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Pietro in Vincoli ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Federico Gizzi, Le chiese medievali di Roma, Newton Compton/Rome, 1998.