San Vitoiro da Mezquita
San Vitoiro da Mezquita | |
---|---|
Diocese: | Ourense |
Arciprestado: | Allariz |
Área: | - km² |
Poboación: | 148 hab. (2015) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 8 |
San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Allariz da diocese de Ourense. A maior parte do seu territorio pertence ao concello de Allariz, sete dos oito lugares que a compoñen están neste concello: Celeiros, Condes, A Coruxeira, As Cruces, A Pedreira, San Vitoiro e As Tabernas; mentres que só un lugar, Celeiros, pertence ao concello da Merca[1], que na realidade forma un único núcleo co lugar homónimo de Allariz.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita coa parroquia allaricense de San Mamede de Urrós ao sur e coa da Mezquita, na Merca ao oeste. Ao norte e ao leste, limita co concello de Taboadela.
É unha parroquia bastante chá, lindada ao oeste por un río pequeno que vai afluír ao Arnoia. Ao leste da parroquia, xusto polo bordo co concello de Taboadela, decorre a autovía A-52 que une Ourense coa Meseta.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE[2], só estarían habitados catro dos oito lugares da parroquia: Celeiros (A Merca) (3), A Coruxeira (17), San Vitoiro (119) e A Pedreira (9), o que fai un total de 148 habitantes (69 homes e 79 mulleres). Isto supón un descenso con respecto ao ano 2006, cando tiña 159.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.