Saltar ao contido

San Xoaniño de Úbeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xoaniño de Úbeda.

O San Xoaniño de Úbeda[1] é unha escultura de mármore de 140 x 40 x 43 cm realizada por Michelangelo entre 1495 e 1496 para Lourenzo de Pierfrancesco de Medici.[2]

Atopábase xunto ao retablo maior da Sacra Capela do Salvador de Úbeda (Xaén), onde foi destruída a causa dun ataque iconoclasta en xullo de 1936, a comezos da Guerra Civil Española. Os catorce fragmentos conservados -aproximadamente un 40% da obra orixinal- foron custodiados na devandita capela até o inicio da súa restauración en 1995. A restauración da peza concluíu en 2013, e estivo exposta en diversas galerías italianas até a súa eventual volta a Úbeda, pasando pola súa exhibición no Museo do Prado de Madrid en 2015.[3][4]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "San Juanito de Úbeda. Una obra maestra redescubierta.". 
  2. San Juanito de Miguel Ángel, Museo do Prado, exposicións, abril, 2015.
  3. "Miguel Ángel regresa a Úbeda.". 
  4. Cultura. El País, ed. (30 de marzo de 2015). "La escultura ‘San Juanito’ de Miguel Ángel cobra vida en el Prado". Consultado o 21 de marzo de 2015.