Sanditon (serie de televisión)
Sanditon | |
---|---|
Formato | Drama histórico |
Creado por | Andrew Davies |
Desenvolvido por | Red Planet Pictures |
Intérpretes | |
Tema de apertura | Ruth Barrett |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 20 |
Produción | |
Duración | 60 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Britbox PBS ITV |
Primeiro episodio | 25 de agosto de 2019 |
Derradeiro episodio | 24 de abril de 2023 |
Na rede | |
https://www.pbs.org/wgbh/masterpiece/shows/sanditon | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sanditon é unha serie de televisión británica adaptada por Andrew Davies a partir da obra inconclusa Sanditon de Jane Austen. Está protagonizada por Rose Williams, Crystal Clarke, Theo James e Ben Lloyd-Hughes. Ambientada durante a Rexencia británica, a trama segue a unha rapaza nova e inxenua mentres navega polo novo balneario de Sanditon. Por mor da natureza inconclusa da obra, o material orixinal só serviu de base para o primeiro episodio, e despois Davies desenvolveu os personaxes para completar a historia.[1] A novela está ambientada nunha cidade costeira durante unha época de cambio social. No momento da súa morte en 1817, Austen tiña completado 24.000 palabras da novela, o que supón once capítulos xunto cunha parte dun duodécimo.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rose Williams como Charlotte Heywood
- Kate Ashfield como Mary Parker
- Crystal Clarke como Georgiana Lambe
- Turlough Convery como Arthur Parker
- Jack Fox como Sir Edward Denham
- Kris Marshall como Tom Parker
- Anne Reid como Lady Denham
- Lily Sacofsky como Clara Brereton (tempadas 1-2)
- Charlotte Spencer como Esther
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harrison, Ellie (2019-09-22). "When is Sanditon on TV? Who's in the cast and what's it about?". Radio Times.
- ↑ "Sanditon".