Sandra Petrignani
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1952 (72 anos) Piacenza, Italia |
Residencia | Amelia (pt) Roma |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Ocupación | escritora, astróloga, novelista, xornalista, biógrafa |
Premios | |
| |
Sitio web | sandrapetrignani.it |
Sandra Petrignani, nada en Piacenza (Italia) en 1952, é unha escritora italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É xornalista e publicou libros de moi diversa índole: pezas teatrais, contos, novelas, cadernos de viaxe, radioteatros e textos moi difíciles de clasificar.
Logo de publicar os soados libros de entrevistas Le signore della scrittura e Fantasia & Fantastico, algúns poemas e unha obra teatral, deu a coñecer en 1987 a súa primeira novela: Navigazioni di Circe (Premio Elsa Morante). Un ano máis tarde, publicou Il catalogo dei giocattoli (finalista do Premio Nazionale di Narrativa Bergamo). A esas publicacións seguíronlles Come cadono i fulmini (1991), Poche storie (1993), Vecchi (1994), Ultima India (1996), Care presenze (2004) e Dolorose considerazioni del cuore (2009), entre outras.
A súa obra ten influencias de autores como Georges Perec, Vladimir Nabokov ou Italo Calvino.
Os seus traballos foron incluídos e citados en moitas antoloxías e outórgaselle un destacadísimo lugar en traballos críticos sobre a literatura italiana contemporánea.
Obra
[editar | editar a fonte]- Le signore della scrittura
- Fantasia & Fantastico
- Navigazioni di Circe
- Il catalogo dei giocattoli
- Come cadono i fulmini
- Poche storie
- Vecchi
- Ultima India
- Come fratello e sorella
- La scrittrice abita qui
- Care presenze
- Cani e Gatti: Storia di un matrimonio
- Dolorose considerazioni del cuore