Sang Penari
Sang Penari | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sang Penari |
Director | Ifa Isfansyah |
Produtor | Shanty Harmayn |
Guión | Salman Aristo Ifa Isfansyah Shanty Harmayn |
Baseado en | Ronggeng Dukuh Paruk de Ahmad Tohari |
Intérpretes | Nyoman Oka Antara Prisia Nasution |
Música | Wong Aksan Titi Sjuman |
Fotografía | Yadi Sugandi |
Estudio | Salto Films |
Estrea | 10 de novembro de 2011 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Indonesia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sang Penari é un filme indonesio de 2011 dirixido por Ifa Isfansyah. Baséase na triloxía de novelas Ronggeng Dukuh Paruk escrita por Ahmad Tohari. Está protagonizado por Nyoman Oka Antara e Prisia Nasution e conta a historia dun mozo e a súa amizade coa nova ronggeng da vila.
A segunda adaptación da triloxía Ronggeng Dukuh Paruk, Sang Penari requiriu dous anos de investigación para presentar o contexto histórico máis detallado posible, incluíndo o movemento do 30 de setembro e as accións anticomunistas da época; estes detalles, censurados polo goberno da Nova Orde, son máis explícitos nas novelas. Malia que o filme está ambientado e foi rodado en Purwokerto, Xava Central, ningún dos protagonistas é de orixe xavanesa. Nasution, no seu primeiro papel protagonista, é de orixe batak, mentrs que Antara é balinés.
Dende a súa estrea o 10 de novembro de 2011, Sang Penari foi aclamado pola crítica. Tohari considerouno unha "sublime adaptación da súa obra",[1] mentres que Labodalih Sembiring de Jakarta Globe describiu os elementos socioculturais como propios dunha traxedia shakespeareana. No Festival Indonesio de Cinema de 2011, Sang Penari gañou catro premios, incluíndo o de mellor filme, sobre nove nomeamentos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Prisia Nasution como Srintil
- Nyoman Oka Antara como Rasus
- Slamet Rahardjo como Kartareja
- Lukman Sardi como Bakar
- Tio Pakusadewo como Sarxento Binsar
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kurniasari, Triwik (13 de novembro de 2011). "Ronggeng 2.0". The Jakarta Post. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2012.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sang Penari na IMDb (en inglés).