Sangay
Tipo | montaña Estratovolcán | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Parque Nacional Sangay | |||
Localización | ||||
Continente | América | |||
División administrativa | Morona Santiago, Ecuador | |||
| ||||
Cordilleira | Cordillera Real (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 5.230 m | |||
Prominencia topográfica | 1.614 m | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Holoceno | |||
Cronoloxía | ||||
4 de agosto de 1929 | primeira ascensión, ⇒ Terris Moore (en) | |||
1934- | Erupción volcánica | |||
O Sangay é un estratovolcán continuamente activo que se atopa en Ecuador. É o volcán máis sureño e máis activo do país, e é coñecido pola súa expresión explosiva a cal se manifesta por nubes grosas de cinza, que formaron unha especie de bóveda desde 1976.
Sangay vén de Samkay, termo quechua que significa "o espantador".[1] Os nativos foron testemuñas de violentas explosións deste volcán, ó cal bautizaron así, estas explosións produciron polo menos dúas caldeiras hai milenios para logo erixirse o actual monte. Este pasado turbulento foi confirmado por algúns estudos xeolóxicos deste volcán. No cumio preséntanse tres grandes cráteres que erupcionan en forma intermitente, tamén se atopan varias fisuras neste cráter por onde xeralmente flúe lava volcánica. O cráter central ten un diámetro de 100m e unha profundidade de 50m cara ó nordés outro cráter dun diámetro de 50m e un terceiro cara ó oeste do cráter principal. Atópase na rexión oriental a 45 km ó sueste de Riobamba. Este volcán está composto por andesitas e andesitas basálticas principalmente. Os depósitos están constituídos por olivino, magnesiano, auxita, hipersteno e plaxioclasa. Están documentadas caídas de rochas, fluxos piroclásticos , emisión de lavas, columnas de cinzas e gases. A actividade sísmica é frecuente. En datas pasadas grandes lahares percorreron os arredores do cono e a drenaxe natural cambiou por mor diso numerosas veces. Este volcán atópase solitario case dentro da selva, as poboacións próximas son escasas, non presenta un perigo maior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jason Wilson (2009). The Andes: A Cultural History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-538636-3. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hall, Minard L. (1977). El Volcanismo en el Ecuador. Sección Nacional del Ecuador. pp. 120 pp.
- Biggar, John (2005). The Andes: A Guide for Climbers (3rd ed.). Andes Publishing (Scotland). pp. 304 pp. ISBN 0-9536087-2-7.
- Brain, Yossi (2000). Ecuador: A Climbing Guide. Mountaineers Books. pp. 192 pp. ISBN 0-89886-729-0.