Saltar ao contido

Santiago Abascal

Esta páxina está semiprotexida ata o 01-09-2020
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaSantiago Abascal

(2024, Washington, D.C.) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Santiago Abascal Conde Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Vox

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Q87349529 Traducir
20 de setembro de 2014 –
← José Luis González Quirós
Deputado do Parlamento do País Vasco
4 de outubro de 2005 – 6 de xaneiro de 2009
← Encina Regalado de los Cobos (en) Traducir

Circunscrición electoral: Áraba

Deputado do Parlamento do País Vasco
16 de xaneiro de 2004 – 22 de xaneiro de 2005
← Carlos Urquijo

Circunscrición electoral: Áraba

Datos persoais
Ideoloxía políticaConservadorismo nacionalista Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - socioloxía (–2003) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Las Ventas
Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sociólogo, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoVox (2014–)
Partido Popular (1994–2013) Editar o valor en Wikidata
MovementoAntiglobalismo de direita (pt) Traducir, nacionalismo español e oposición á inmigración Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de xuño de 2012manifesto de reconversión.es Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLidia Bedman Lapeña (2018–)
Ana Belén Sánchez Cenador (2002–2010), divorcio Editar o valor en Wikidata
PaisSantiago Abascal Escuza Editar o valor en Wikidata  e María Isabel Conde Álvarez Editar o valor en Wikidata
IrmánsStela Abascal Conde
Iria Abascal Conde Editar o valor en Wikidata
ParentesBegoña Conde Álvarez, tía materna
Manuel VOC, avó paterno Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio websantiagoabascal.es Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm10388450 Facebook: SantiagoAbascalConde Twitter: Santi_ABASCAL Instagram: santi_abascal BNE: XX1685146 Editar o valor en Wikidata

Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos. Así mesmo é autor de varios ensaios políticos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Bilbao o 14 de abril de 1976, procedente dunha familia de Amurrio (Áraba) por parte paterna, e coruñesa por parte materna.[1]

A súa vencellanza coa política procede de familia. O seu pai, Santiago Abascal Escuza, foi un membro histórico do grupo Alianza Popular e, máis tarde, dirixente local do Partido Popular en Áraba durante máis de 35 anos.[2] Foi concelleiro de Amurrio, membro da executiva do partido no País Vasco e voceiro do seu grupo nas Xuntas Xerais de Áraba.[3] O seu avó foi tamén alcalde da localidade durante o franquismo, comezando no ano 1963 e finalizando o seu mandato xa en democracia, no ano 1979. A súa familia, por mor da súa actividade política, sempre estivo ameazada pola banda terrorista ETA e pola súa contorna.[4]

Santiago Abascal Conde realizou estudos de socioloxía, licenciándose na Universidade de Deusto en 2003. Colabora con numerosos medios de comunicación entre os que salientan a Cadea COPE, o Grupo Intereconomía, esRadio, Libertad Digital, 13TV, ABC, La Razón e o Semanario Alba, e participa nos faladoiros de «El gato al agua» (Intereconomía Televisión) e «El cascabel» (13 TV).

  • Secesión y exclusión en el País Vasco (2004) Vitoria-Gazteiz: Ikusager Ediciones.
  • ¿Derecho de autodeterminación? Sobre el pretendido derecho de secesión del «Pueblo Vasco» (2004). Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.[5]
  • La farsa de la autodeterminación. El plan Ibarretxe: al asalto del País Vasco y España (2005). Barcelona: Ediciones Áltera.
  • En defensa de España. Razones para el patriotismo español (2008). Madrid: Ediciones Encuentro. Con Gustavo Bueno Sánchez.
  • No me rindo (2014). Madrid: La Esfera de los Libros. Con Gonzalo Altozano.
  • Hay un camino a la derecha (2015). Madrid: Stella Maris. Con Kiko Méndez-Monasterio.
  1. "La conexión gallega de Santiago Abascal" (en castelán). 9 de abril de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  2. Josean Izarra (23 de xullo de 2017). "Fallece Santiago Abascal Escuza, el político alavés al que ETA y la izquierda abertzale no consiguieron callar". El Mundo (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  3. "Memoria de las Juntas Generales de Álava (1987-1991)" (PDF). Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  4. Álvaro Carvajal, «Retrato de familia bajo amenaza de ETA en 20 'tuits'», El Mundo, 13 de agosto de 2012.
  5. Lainz, Jesús (2005). "¿Derecho de autodeterminación?" (PDF). Cuadernos de Pensamiento Político (Madrid: Fundación FAES) (5): 214–217. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2020. Consultado o 09 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]