Saltar ao contido

Santiago Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Iglesias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1872 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1939 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta María Magdalena de Pazzis Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comissário Residente de Porto Rico (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocialist Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 12739540 Editar o valor en Wikidata

Santiago Iglesias Pantín, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1872 e finado en Washington, D.C. o 5 de decembro de 1939, foi un político e sindicalista galego, organizador do primeiro partido socialista de Porto Rico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Placa conmemorativa na casa onde naceu na Coruña.

Estudou en Galicia e foi aprendiz de ebanista. Embarcouse en 1887 para Cuba. Na Habana participou na organización de actividades sindicais. En 1896 abandonou Cuba e embarcouse coa intención de viaxar a Inglaterra; non obstante, desembarcou en Porto Rico. En maio de 1897 fundou Ensayo Obrero. Foi encarcerado e pasou sete anos en prisión. Fundou o Partido Obreiro Socialista de Porto Rico e o Partido Socialista Portorriqueño, que representou no Senado dos Estados Unidos (1917-1932). Formou parte do primeiro Comité de Conferencias que dirixiu un Manifesto aos Traballadores da América Latina en 1918. Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Porto Rico en Washington, e interveu no Congreso dos Estados Unidos de América para reclamar unha lexislación federal para a illa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]