Santiago Manuel Rabadán
Nome orixinal | Santiago Manuel Rabadán Villares |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de maio de 1931 (93 anos) León, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Santiago Manuel Rabadán Villares, nado en León o 23 de maio de 1931 e finado na mesma cidade o 4 de novembro de 1984, foi un futbolista español, que xogaba habitualmente de interior dereito.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como futbolista na Cultural Leonesa,[1] coa que xogou ata 1952, cando fichou polo Atlético de Madrid.[2] O 11 de xaneiro de 1953 debutou na Primeira División da man do adestrador Helenio Herrera, caendo goleado ante o Deportivo da Coruña en Riazor (5-1).[3] Apenas dispuxo de minutos no equipo madrileño e na tempada 1953/54 saíu cedido ao Valladolid, da mesma categoría. Disputou só 12 encontros co equipo de Lluís Miró pero anotou 8 goles, entre eles un ante o FC Barcelona e dous na vitoria por 4-3 sobre o Real Madrid. Na seguinte tempada volveu saír cedido, desta vez ao Avilés, de Segunda División, co que acabou descendendo a Terceira.
En 1955 regresou á Cultural Leonesa, coa que disputou a histórica tempada 1955/56, a única da historia do club na Primeira División. Xogou no club da súa cidade ata 1958, cando fichou polo Deportivo da Coruña.[4] Militou durante tres campañas no club galego, sendo un habitual nos once titulares, e acumulou 72 partidos e 6 goles. Deixou o equipo coruñés en maio de 1961, cando rescindiu o seu contrato e regresou a León para atender os negocios de panadaría da súa familia.[5][6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Maris Fernández Abella, coa que tivo tres fillos: María, Manuel e Alberto. Faleceu en León aos 53 anos de idade.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Santiago Manuel Rabadán ya es nuevo jugador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1958. p. 5.
- ↑ "La Cultural Leonesa juega mañana en Santa Isabel contra el Club Santiago". La Noche (en castelán) (9856). 27 de setembro de 1952. p. 3. Consultado o 26 de abril de 2022.
- ↑ "Deportivo, 5; A. Madrid, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (9627). 13 de xaneiro de 1953. p. 5. Consultado o 26 de abril de 2022.
- ↑ "Rabadán y Souto en La Coruña". El Correo Gallego (en castelán) (26548). 23 de agosto de 1958. p. 4. Consultado o 26 de abril de 2022.
- ↑ "Rabadán". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1961. p. 7.
- ↑ 6,0 6,1 "Rabadán murió ayer, en León". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1984. p. 29.