Saltar ao contido

Santiago Santos Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Santos Muñoz
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby , rugby union coach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoProp (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1980-1992 Selección de rugby de España 45 Editar o valor em Wikidata

Santiago Santos Muñoz, nado o 11 de outubro de 1961 en Madrid, é un ex xogador de rugby, internacional 45 veces coa selección española entre 1980 e 1992. Xogaba na primeira liña. De 2013 a 2023 foi adestrador da selección española de rugby.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Santos debutou no Canoe con 18 anos. En 1984 houbo unha desbandada de xogadores que deixaron o club e marcharon ó Liceo Francés, no que xogou o resto da súa carreira, inicialmente na segunda división, e finalmente na máxima categoría. Aquel equipo do Liceo foi subcampión de liga en 1990/91 e 1992/93, e subcampión de copa na 1988/89. Trala súa retirada como xogador comezou a súa carreira como adestrador, que exerceu no Liceo, no M.A.R.U. e no Cisneros. Na tempada 2001/02 dirixiu ó M.A.R.U. na conquista do título de liga. En 2013 foi elixido seleccionador nacional, ata 2023 cando foi substituído polo arxentino Pablo Bouza.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión en Alcalá de Henares, é curmán do exfutbolista Emilio Butragueño Santos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]