Saltar ao contido

Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Fervenza nun afluente de South Stann Creek, no santuario de Cockscomb, en Belize.

O Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb é unha reserva de natureza no distrito de Stann Creek, en Belize. Foi estabelecido para protexer os bosques, a fauna e a conca fluvial de 400 quilómetros cadrados nas pendentes orientais dos montes Maia.

A reserva foi estabelecida no ano 1986 como a primeira área natural para a protección do xaguar (Panthera onca).[1] É considerado como un dos principais lugares de conservación do xaguar en todo o mundo.[2]

O nome 'Cockscomb' deriva da aparencia da cadea de montañas Cockscomb, que semellan a crista dun galo, a cal se atopa na franxa norte da reserva e é facilmente visible dende a chaira costeira do mar Caribe. A área foi habitada polos maias dende hai 10 000 anos. Porén, a primeira exploración moderna rexistrada na conca non se produciu até 1888.[3]

  1. Weckel, M., Giuliano, W. and Silver, S. (2006). "Cockscomb revisited: jaguar diet in the Cockscomb Basin Wildlife Sanctuary, Belize". Biotropica 38 (5): 687–690. 
  2. Emmons, K. M. et al. (1996). Cockscomb Basin Wildlife Sanctuary. Producciones de la Hamaca, Belize and Orang-utan Press, Gays Mills, Wisconsin, USA.
  3. Peter Dunham, Memorandum to Osmany Salas 23 de maio de 1995