Sara González Lolo
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1992 ![]() Xixón, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey a patíns ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defense (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Elena González Lolo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Sara González Lolo, nada en Xixón, Principado de Asturias o 17 de marzo de 1992, é unha xogadora española de hóckey a patíns que xoga de defensa no Telecable Hockey Club, equipo do que é capitá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sara Lolo segue xogando no club no que se iniciou, o CP Gijón Solimar. Empezou a xogar ó hóckey en 2002 no colexio Atalía, cando só tiña 10 anos, coa que foi a súa adestradora e posteriormente tamén compañeira, María Fernández "Pulgui". En 2004, con 12 anos, dá o salto ós equipos federados do CP Gijón Solimar e en 2007 entra a formar parte do primeiro equipo, daquela denominado Biesca Gijón, hoxe Telecable Hockey Club.[2]
Na tempada 2015-2016 asume o rol de capitá do equipo.[3]
Sara Lolo é, xunto coa tamén asturiana Natasha Le, a única xogadora que marcou gol en todas as edicións disputadas da OK Liga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sara Lolo y Sara Roces renuevan con el Hostelcur". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Sara González logró el gol 500 del Hostelcur en la OK Liga". Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Senior Femenino | HOSTELCUR GIJÓN H.C.". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016.