Sara Vila Alonso
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1989 ![]() As Neves, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora, creador de noticias ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Sara Vila Alonso, nada nas Neves o 4 de outubro de 1989, é unha xornalista e escritora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como xornalista en Pontevedra dende 2012, no Diario de Pontevedra[2] e despois pasou a traballar en Edicións Xerais de Galicia.
Na súa primeira novela, Oito días sen Eva Cortes (2021), a desaparición dunha rapaza en Pontevella (trasunto de Pontevedra) sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Oito días sen Eva Cortes (2021). Vigo: Galaxia. 191 páxs. ISBN 978-84-9151-765-8.[4]
- O incendio (2024). Vigo: Xerais.[5] 200 páxs. ISBN 978-84-1110-514-9. ePub: ISBN 978-84-1110-523-1.[6]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2016: Primeiro premio no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela polo relato Adeus, María.
- 2019: Segundo premio Comunicar en Igualdade[7] polo artigo O noso toque de queda.[8]
- 2021: Premio de narrativa Illa Nova por Oito días sen Eva Cortes.[9]
- 2023: Premio Blanco Amor de Narrativa por O incendio.[10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sara Vila Alonso". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-06.
- ↑ López, Belén (2021-12-06). "Sara Vila: "A ficción ofreceume liberdade"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-12-06.
- ↑ "Oito días sen Eva Cortés". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-12-07.
- ↑ "crítica de OITO DÍAS SEN EVA CORTES, de Sara Vila Alonso, en Galaxia". Ferradura en Tránsito II. 2022-01-06. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2022. Consultado o 2022-05-02.
- ↑ "O incendio - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-03-11.
- ↑ Blanco Pazos, Nerea (Xullo, agosto, setembro). "O que non se ve tras as lapas". Grial LXII (243): 65, 66. ISSN 0017-4181.
- ↑ "A xornalista pontevedresa Sara Vila recibe o premio "Comunicar en Igualdade"". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-12-06.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2018-12-20). "O noso toque de queda". Diario de Pontevedra. Consultado o 2021-12-06.
- ↑ Redacción (2021-06-23). "Sara Vila Alonso gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2021". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2021-12-06.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2023-11-25). "A escritora e xornalista Sara Vila gaña o Premio Blanco Amor". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-11-25.
- ↑ Redacción (30 de novembro de 2023). "Sara Vila gaña o Premio Blanco Amor". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 7 de xuño de 2024.