Sarah Afonso
Nome orixinal | (pt) Sara Sancha Afonso de Almada Negreiros |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pt) Sara Sancha Afonso 13 de maio de 1899 Lisboa, Portugal |
Morte | 14 de decembro de 1983 (84 anos) Lisboa, Portugal |
Lugar de sepultura | Cemitério do Alto de São João (pt) |
Outros nomes | Sarah Affonso |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora, pintora |
Familia | |
Cónxuxe | Almada Negreiros |
Premios | |
Sarah Afonso, nada en Lisboa en 1899 e finada na mesma cidade en 1983, foi unha pintora e ilustradora portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia burguesa, filla dun oficial do Exército, pasou a xuventude na Provincia de Miño (Portugal), que a terá inspirado para unha temática popular de grande beleza e inxenuidade. En 1924, solteira, parte soa para París, despois de concluír os estudos na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa, onde foi alumna de Columbano Bordalo Pinheiro. Será en París onde expón, con éxito, no Salon d'Automne. Entre 1928 e 1929, traballou no estudio dunha modista facendo deseños de moda, gosto que lle ficou, tendo colaborado mais tarde con deseños de moda para revistas portuguesas. Contra todas as convencións, tórnase a primeira muller a frecuentar o café A Brasileira, do Chiado, entón exclusivamente reservado ao sexo masculino. Contemporánea de Bernardo Marques, Carlos Botelho, entre outros, expuxo no primeiro Salão de Artistas Independentes en 1930.
Casou aos 35 anos con José de Almada Negreiros, tendo conciliado a vida de nai e de pintora. Fixo unha exposición individual en 1939 e participou na Exposição do Mundo Português, en 1940. En 1944 recibiu o Premio Amadeo de Souza-Cardoso. En 1953 integrou a delegación portuguesa na Bienal de São Paulo. Dedicou especial atención ás festas populares e ás tradicións portuguesas en cores doces e luminosas. Por ocasión do centenario do seu nacemento, en 1999, realizáranse exposicións conmemorativas en Viana do Castelo e no Porto.