Saltar ao contido

Sarah Guppy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Guppy
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1770 Editar o valor en Wikidata
Birmingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1852 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Bristol, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor en Wikidata

Sarah Maria Beach, coñecida como Sarah Guppy, nada en Birmingham o 5 de novembro de 1770 e finada o 24 de agosto de 1852, foi unha inventora británica que contribuíu ao deseño da infraestrutura de Gran Bretaña. En 1811 foi a primeira muller que patentou unha ponte, que logo serviu para a construción da ponte colgante de Clifton en Bristol, e desenvolveu varios produtos de uso doméstico.[1][2] Foi unha pioneira na loita por que as mulleres puidesen asistir a clase, simplemente coa súa propia asistencia a clase e o seu esforzo persoal que deixou atrás moitos prexuízos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sarah Maria Beach patentou en marzo de 1811 a primeira das súas invencións, «Novo modo de construír e erixir pontes e ferrocarrís sen arcos», un método para facer pilotes seguros para pontes e as vías férreas.[3][4]

O enxeñeiro Thomas Telford pediulle permiso para usar o seu deseño patentado para as fundacións de pontes suspendidas, e concedeullo de forma gratuíta para a ponte colgante sobre o estreito de Menai.[5] Como amiga de Isambard Kingdom Brunel e a súa familia involucrouse no Great Western Railway, escribindo aos directores con ideas e dando o seu apoio.Tampouco tivo rédito económico cando Brunel utilizou o seu deseño para a construción da ponte colgante de Clifton en Bristol. En 1841 escribiu unha carta recomendando plantar salgueiros e álamos para estabilizar os terrapléns. Continuou ofrecendo consello técnico a pesar de que, como escribiu, «é desagradable falar dun mesmo -pode parecer xactancioso especialmente nunha muller.»[6]

Patentes e publicacións

[editar | editar a fonte]
Cover of Dialogues for Children, 1800

Como as mulleres non podían rexistrar as patentes co seu nome, debía realizalo o seu esposo, polo cal, en nome da familia Guppy rexistráronse dez patentes na primeira metade do século XIX, incluíndo un método para manter aos barcos libres de crustáceos que levou a un contrato do goberno por valor de £ 40.000.[7] Outras invencións incluíron unha cama con equipo de exercicio incorporado, un dispositivo para un té ou café que cociñaría os ovos no vapor, un pequeno prato para manter o pan tostado e un dispositivo para "melloras no calafateo de barcos, botes e outros buques".[8][9][10] Ademais inventou a campá extractora, o sistema de rociadores contra incendios e patentou un novo tipo de candelabro que permitiu que as candeas durasen máis tempo.[11][4]

Escribiu The Cottagers and Labourers Friend e Dialogues for Children en dous volumes. As súas obras foron consideradas entretidas e instructivas para os nenos, e novamente non quixo obter lucro das súas publicacións, as ganancias derivadas da súa venda destináronse a unha escola de caridade para nenas en Bristol.[3]

  1. Dresser, Madge. "Guppy [née Beach; other married name Coote], Sarah (bap. 1770, d. 1852), inventor" (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/109112. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  2. Cork, Tristan (27 de maio de 2016). "Recognition at last for the mum-of-six who designed Bristol's Clifton Suspension Bridge - not Brunel". Consultado o 30 de maio de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Sarah Guppy an English inventor" (en inglés). 22 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Byrne, Eugene (18 de xuño de 2016). "Was Sarah Guppy the real inventor of the Clifton Suspension Bridge?" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  5. "Sarah Guppy, Eclectic English Inventor". Amazing women in History. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  6. PRO RAIL 1014/8/7
  7. "Día Internacional de la Mujer: Mujeres inventoras". OMPI. Marzo de 2005. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  8. "Grandes inventos creados por mujeres que cambiaron la historia.". 6 de agosto de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  9. "Cinco inventos de la cocina con nombre de mujer (y que quizá no sabías)". 8 de marzo de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  10. Kramers, Eveline (27 de febreiro de 2017). "Mujeres e Ingeniería: 4 figuras inspiradoras". Consultado o 6 de novembro de 2020. 
  11. "One Hundred Key Facts on the Bristol City-region and Science" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012.