Saltar ao contido

Sarah Sophia Banks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Sophia Banks

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1744
Soho, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1818 (73 anos)
ResidenciaLondres
Soho Square (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeBritánica.
Q89547790Coleccións no Museo Británico, na Biblioteca Británica e no museo da Royal Mint.
Actividade
Campo de traballoNumismática, botánica, historia natural etc.
Lugar de traballo Londres (1765–1818) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnumismático, amanuense (pt) Traducir, conservadora, botánica, filatélica Editar o valor en Wikidata
Influencias
- Joseph Banks.
- Jan Bondeson.
Familia
PaisWilliam Banks Editar o valor en Wikidata  e Sarah Bate Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph Banks Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Banks-9205

Sarah Sophia Banks, nada o 28 de outubro de 1744 en Westminster e finada o 27 de setembro de 1818, foi unha coleccionista británica de antigüidades, irmá e colaboradora do botánico Joseph Banks. Foi coleccionista de moedas, medallas e documentos efémeros que hoxe se consideran de alto valor histórico, como xornais de gran tamaño, programas de espectáculos, tarxetas, propaganda etc.[1][2][3][4][5][6][7]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Banks naceu en 1744 no número 30 da rúa Argyll no Soho, en Westminster, filla de William Banks, un parlamentario representante de Grampound, en Cornualla, e da súa muller Sarah Bate. Era irmá do botánico Joseph Banks.[2][8]

Mantiña discusións acerca da bioloxía das plantas co seu irmán, en quen influíu notablemente. Moitas das ideas de Sarah Sophia "atoparon o seu camiño nos escritos do seu irmán, e ela achegoulle un valorable apoio na compilación e na edición do manuscrito completo da viaxe de Joseph Banks por Terra Nova, publicado en 1766".[9]

Á morte de Sarah Sophia en 1818, as súas coleccións quedaron na custodia do seu irmán e da súa cuñada, Dorothea Banks, que llas transferiron ao Museo Británico e ao museo da Royal Mint. A súa colección de moedas está hoxe dividida entre o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e o museo da ceca londiniense, en tanto que o material impreso se conserva no Museo Británico e na Biblioteca Británica.[3][4][5][6][7][1]

  1. 1,0 1,1 Eagleton, C. (2013).
  2. 2,0 2,1 Gascoigne, J. (2004).
  3. 3,0 3,1 "Exploring the Collections of Sarah Sophia Banks". Sarasophiabanks.com
  4. 4,0 4,1 "The collections of Sarah Sophia Banks Arquivado 29 de xullo de 2019 en Wayback Machine.". Sir Joseph Banks Society.
  5. 5,0 5,1 Pincott, A. (2004).
  6. 6,0 6,1 Eagleton, C. (2014).
  7. 7,0 7,1 Leis, A. (2013).
  8. "Banks, William (1719-61), of Revesby Abbey, Lincs". The History of Parliament.
  9. Lipscomb, D. (1996).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eagleton, C. (2013). "Collecting African money in Georgian London: Sarah Sophia Banks and her collection of coins". En Museum History Journal. Vol. 6. Nº 1. Páxinas 23-38.
  • Eagleton, C. (2014). "Collecting America: Sarah Sophia Banks and the 'Continental Dollar' of 1776". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 174. Páxinas 293-301.
  • Gascoigne, J. (2004). "Banks, Sarah Sophia". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
  • Leis, A. (2013). "Displaying Art and Fashion: Ladies' Pocket-Book Imagery in the Paper Collections of Sarah Sophia Banks". En Konsthistorisk Tidskrift. Vol. 82. Nº 3. Páxinas 252-271.
  • Leis, A. (2017). "Ephemeral Histories: Social Commemoration of the Revolutionary and Napoleonic Wars in the paper Collections of Sarah Sophia Banks". En Padiyar, S. et al. (eds.). Visual Culture and the Revolutionary and Napoleonic Wars. Routledge. Londres e Nova York. Páxinas 183-199. ISBN 978-1138353343
  • Lipscomb, D. (1996). "Women in Systematics Arquivado 26 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". En Annual Review of Ecology and Systematics. 26. Páxinas 323-341.
  • Pincott, A. (2004). "The Book Tickets of Sarah Sophia Banks". En The Bookplate Journal. Vol. 2. Nº 1. Marzo. Páxinas 3-30.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]