Saltar ao contido

Sarah Trimmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Trimmer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sarah Kirby Editar o valor en Wikidata
6 de xaneiro de 1741 Editar o valor en Wikidata
Ipswich, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 1810 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Brentford, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, escritora de literatura infantil, editora literaria Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHenry Scott Trimmer Editar o valor en Wikidata
NaiSarah Kirby Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Obálky knih,
A Cyclopaedia of Female Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5447486 WikiTree: Kirby-219 Find a Grave: 14239483 Editar o valor en Wikidata

Sarah Trimmer, nada o 6 de xaneiro de 1741 e finada o 15 de decembro de 1810, foi unha escritora e crítica de literatura infantil británica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu xornal, The Guardian of Education, axudou a definir o xénero emerxente, facendo crítica de literatura infantil de forma oficial por vez primeira; tamén creou a primeira recensión histórica da literatura para cativos, estabelecendo un punto de referencia do xénero que os historiadores seguen a empregar na actualidade. O seu libro infantil máis popular, Fabulous Histories, inspirou varias historias infantís e seguiu entrando no prelo durante máis dun século.