Saltar ao contido

Saria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSaria
Imaxe

Localización
Mapa
 35°52′N 27°13′L / 35.87, 27.22
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
GrupoDodecaneso - Δωδεκάνησα Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación46 (2021) Editar o valor en Wikidata (2,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie20,429 km² Editar o valor en Wikidata
Medición4,5 (ancho) × 8 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude631 m Editar o valor en Wikidata

Saria (grego: Σαρία; italiano: Saria; turco: Küçük Kerpe) é unha illa de Grecia. Trátase dunha illa rochosa e volcánica ao longo da costa norte de Karpathos, separada dela por un estreito de 100 m de ancho. Administrativamente, forma parte da comunidade de Olimpos. O censo de 2011 reportou unha poboación residente de 45 persoas. Presenta escasa vida animal e vexetación, e unha serie de abruptos cantís. Aínda que agora só viven pastores en Saria, as ruínas da antiga cidade de Nísiros pódense atopar aquí. É tamén un lugar de cría dunha raza de falcón, coñecido como falcón de Eleonor.

Os sarios formaron parte da Liga de Delos posto que aparecen nos rexistros de tributos de Atenas nos anos 428/7 e 415/4 a.E, onde pagaron un phoros de 300 e 200 dracmas respectivamente. Suxeriuse que a cidade dos sarios podería identificarse coa cidade de Nísiros que Estrabón sitúa na illa de Karpathos, pero esta identificación é discutida.[1][2][3] Dáse a circunstancia de que na antigüidade, Saria e Karpatos estaban conectadas por unha ponte de terra que máis tarde debido a desprazamentos de terra resultado de terremotos provocaron a separación das illas. Probablemente ao redor do ano 900 d.E. fundouse a cidade de Palatia como mostran as ruínas dun mosteiro. En 1420 case todos os residentes da illa abandonárona debido aos constantes ataques piratas e fundaron o pobo de Olimbos en Karpatos.

Aínda que o nome é obxecto de controversia, os estudosos enlazan o nome cunha antiga princesa grega chamada Katherine (Catalina) da liña da realeza Saria. Lendas gregas din que ela era tan bela como Helena de Troia polo que se nomeou unha illa co nome da súa maxestade. Na illa de Saria, se conta a historia de que existía un reino chamado Mikri Nisyros.

Evolución da poboación de Saria[4]
Ano 1947 1951 1961 1971 1981 1991 2001 2011[5]
Habitantes 20 16 18 13 4 - 22 45

Hoxe en día a illa está habitada por pastores e labregos vidos de Karpatos, que están ao coidado de ovellas e cabras e practican a agricultura en pequenas zonas. Saria ten algunhas praias moi pequenas pero practicamente virxes. Non hai unha infraestrutura turística, a illa pódese visitar no contexto das viaxes diarias desde Karpatos que ofrecen paseos.

  1. Mogens Herman Hansen & Thomas Heine Nielsen (2004). "El Egeo". An inventory of archaic and classical poleis (en inglés). Nueva York: Oxford University Press. p. 771. ISBN 0-19-814099-1. 
  2. Estrabón X,1,17.
  3. Estrabón, Geografía libros VIII-X, p.513, nota 588 de Juan José Torres Esbarranch, Madrid: Gredos (2001), ISBN 84-249-2298-0.
  4. Evolución demográfica de Saria 1947–2091, Oficina Grega de Estatística ELSTAT, Digitale Bibliothek (en grego)
  5. Resultado do Censo de 2011, Oficina Grega de Estatística (ΕΛ.ΣΤΑΤ) Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (Excel-Documento, 2,6 MB)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]