Satellite pour Astronomie Radio Amateur
Satellite pour Astronomie Radio Amateur / Satellite Amateur de Radio-Astronomie / SARA | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | ESIEESPACE |
Data de lanzamento | 17 de xullo de 1991[1][2][3] |
Foguete portador | Ariane 4[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][5] |
Obxectivo da misión | Estudo das radioemisións de Xúpiter.[2][5] |
NSSDC ID | 1991-050E |
Masa | 36 kg[2][4][5] |
Satellite pour Astronomie Radio Amateur, denominado ás veces Satellite Amateur de Radio-Astronomie e tamén coñecido polo seu acrónimo, SARA, foi un observatorio espacial francés lanzado o 17 de xullo de 1991 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de SARA foi estudar as emisións radioeléctricas provenientes de Xúpiter.[2][4]
O satélite tiña forma de cubo de 45 cm de lado e foi construído pola asociación ESIEESPACE. Levaba seis antenas despregables de 10 m de longo e a enerxía era proporcionada por células solares que recubrían os lados do satélite. Coas antenas, SARA era capaz de observar as ondas de radio de Xúpiter en frecuencias entre 2 e 15 MHz e calcular a súa amplitude media cada 150 segundos, co que complementou os datos recollidos polas sondas Ulysses e Galileo. Dúas das antenas funcionaban tamén como transmisores para enviar datos a terra. Ademais, a temperatura do satélite e a voltaxe da súa batería eran enviados mediante telemetría en tempo real ao centro de operacións como experimento tecnolóxico.[2][4]
SARA foi lanzado a unha órbita inicial de 734 km de apoxeo, 726 km de perixeo, 98,1 graos de inclinación orbital e un período orbital de 99 minutos.[2][4]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SARA" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "SARA" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). 04-51402(E). 2 de marzo de 2004: 16. Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SARA" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "SARA" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2017.