Saltar ao contido

Scott Walker (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaScott Walker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Noel Scott Engel Editar o valor en Wikidata
9 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Hamilton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica rock, pop rock e Música country Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautor, compositor, guitarrista, cantante, produtor musical, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, música rock, Música experimental e Música country Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográfico4AD
Drag City
Challenge
Philips Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteScott Walker, Pop Singer Who Turned Experimental, Dies at 76 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio web4ad.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0908199 Rottentomatoes: celebrity/scott_walker_5 Allmovie: p440122
BNE: XX1497380 Spotify: 04tBaW21jyUfeP5iqiKBVq iTunes: 13432236 Last fm: Scott+Walker Musicbrainz: 99524243-dc2e-4bf3-82c0-72395391d21f Songkick: 380664 Discogs: 31750 Allmusic: mn0000253142 WikiTree: Engle-1418 Deezer: 7526 Editar o valor en Wikidata

Noel Scott Engel (9 de xaneiro de 1943 - 22 de marzo de 2019),[1] coñecido polo nome artístico de Scott Walker, foi un cantautor, compositor e produtor musical anglo-estadounidense que residía en Inglaterra. Walker foi coñecido pola súa emotiva voz barítona e o seu estilo pouco ortodoxo que o levou de ser unha sofisticada icona do pop adolescente nos anos 60 a un músico de vangarda no século XXI.[2][3] O éxito de Walker produciuse principalmente no Reino Unido, onde os seus primeiros catro álbums en solitario chegaron ao top 10. Viviu nese país dende 1965 e converteuse en cidadán británico en 1970.[4]

Saltando á fama a mediados dos 60 como líder do trío de pop The Walker Brothers, comezou unha carreira en solitario co álbum de 1967 Scott, avanzando cara a un estilo caza vez máis desafiante en álbums de baroque pop de finais dos 60 como Scott 3 e Scott 4 (ámbolos dous de 1969).[5][6] Despois de que as vendas dos seus traballos en solitario comezasen a baixar, reuniuse con The Walker Brothers a mediados dos 70.[2][3] Dende mediados dos 80 Walker reviviu a súa carreira en solitario movéndose cara a unha dirección cada vez máis vangardista;[6][7][8] deste período da súa carreira The Guardian dixo "imaxina a Andy Williams reinventándose como Stockhausen".[3] As gravacións dos 60 de Walker foron moi apreciadas pola escena musical underground británica dos 80.

Walker continuou gravando ata 2018. Foi descrito pola BBC tras a súa morte como "un das figuras máis enigmáticas e influíntes na historia do rock".[9]

  1. "Scott Walker Dead at 76". Pitchfork (en inglés). 2019-03-25. Consultado o 2022-06-21. 
  2. 2,0 2,1 Harrison, Ian (2013). "Splendid Isolation". Mojo. ISSN 1351-0193.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Scott Walker: 'I was an intense young guy. I think I did temporarily go crazy'". the Guardian (en inglés). 2012-11-23. Consultado o 2022-06-21. 
  4. "Scott Walker - The Collection 1967-1970". UNCUT (en inglés). 2013-07-11. Consultado o 2022-06-21. 
  5. "Scott Walker: 'Til the Band Comes In". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  6. 6,0 6,1 "Top 100 Albums of the 1990s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  7. "190778-counterbalance-scott-walkers-scott-4, PopMatters". PopMatters (en inglés). 2021-01-26. Consultado o 2022-06-22. 
  8. Shafer, Cody Ray. "Scott Walker and Sunn O))) Working On Album". www.undertheradarmag.com (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  9. "Scott Walker, influential rock enigma, dies aged 76". BBC News (en inglés). 2019-03-25. Consultado o 2022-06-21.