Santiaguiño do Mediterráneo
Santiaguiño do Mediterráneo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Scyllarides latus' (Latreille, 1803) [2][3] | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Cigarra_de_mar_%28Scyllarides_latus%29%2C_bah%C3%ADa_de_San_Telmo%2C_Valeta%2C_Malta%2C_2021-08-24%2C_DD_44.jpg/220px-Cigarra_de_mar_%28Scyllarides_latus%29%2C_bah%C3%ADa_de_San_Telmo%2C_Valeta%2C_Malta%2C_2021-08-24%2C_DD_44.jpg)
O santiaguiño do Mediterráneo[4] (Scyllarides latus) é unha especie de santiaguiño da familia Scyllaridae que habita no mar Mediterráneo e na costa leste do océano Atlántico. É unha especie comestible moi valorada, pero escasea na maior parte da súa área de distribución pola sobrepesca. Os adultos chegan a medir uns 30 cm, están ben camuflados e carecen de pinzas. Teñen hábitos nocturnos, emerxendo de covas e outros refuxios durante a noite para alimentarse de moluscos. Son depredados por numerosas especies de peixes óseos.
Distribución
[editar | editar a fonte]Scyllarides latus atópase na maior parte das costas do mar Mediterráneo (cunha excepción notable no Adriático setentrional)[5] e en rexións orientais do océano Atlántico, desde Lisboa a Senegal, incluíndo a Macaronesia. No Senegal, cohabita con Scyllarides herklotsii, especie de gran parecido.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]S. latus pode crecer até unha lonxitude de 45 cm, aínda que xeralmente non supera os 30 cm, o que supón unha carapa duns 12 cm.[3] Un exemplar pode pesar até 1,5 kg.[5] Como en todas as especies de esciláridos, o segundo par de antenas está engrosado e aplanado en forma de pa.[6] A pesar de estar emparentados coas lagostas, Scyllarides latus, como o resto de especies da súa familia, carece de pinzas, e tampouco presenta defensas espiñentas. A cambio, o seu exoesqueleto, en particular a súa carapa, é máis groso e funciona como armadura.[5] Os adultos camúflanse grazas á súa coloración críptica, ao que contribúe a presenza de protuberancias na súa carapa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Modelo:Cite iucn
- ↑ García, E. J. y García, E. J. 2012. Scyllarides latus. En: VV.AA., Bases ecológicas preliminares para la conservación de las especies de interés comunitario en España: Invertebrados. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Madrid. 58 p.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lipke B. Holthuis (1991). "Scyllarides latus". FAO Species Catalogue, Volume 13. Marine Lobsters of the World (PDF). FAO Fisheries Synopsis No. 125. Food and Agriculture Organization. ISBN 92-5-103027-8.[Ligazón morta]
- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 E. Spanier; K. L. Lavalli (1998). "Natural history of Scyllarides latus (Crustacea: Decapoda): a review of the contemporary biological knowledge of the Mediterranean slipper lobster". Journal of Natural History 32 (10 & 11): 1769–1786. doi:10.1080/00222939800771281.
- ↑ Reinhard Forster (1985). "Evolutionary trends and ecology of Mesozoic decapod crustaceans" (PDF). Transactions of the Royal Society of Edinburgh 76 (2–3): 299–304. doi:10.1017/s0263593300010518.