Señorín, O Carballiño
Señorín | |
---|---|
Igrexa de San Roque de Señorín. | |
Concello | O Carballiño[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°25′25″N 8°04′37″O / 42.42354395, -8.07699865 |
Poboación | 446 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño. Segundo o IGE en 2021 tiña 446 habitantes (237 mulleres e 209 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 82 persoas en relación ao ano 1999, cando tiña 364 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada a uns 800 metros da capital do concello. Os seus lindes están establecidos polo regato Carrás.
O edificio do ambulatorio e do PAC que se ocupa da poboación do concello atópanse nos seus terreos, ademais da Casa de Facenda, o cemiterio do concello e o IES nº1 do Carballiño (un dos dous institutos públicos do concello, xunto co IES Chamoso Lamas, de Mesego).
É unha parroquia que se atopa en pleno crecemento urbanístico debido á súa proximidade coa vila principal, O Carballiño, pero a inmensa maioría das súas vivendas son unifamiliares.
A súa altitude media é duns 400 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía a veciña de Partovia e esta parroquia. Nela fundouse a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño, establecéndose nela a casa do concello do Carballiño durante varios anos.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais son na honra da Virxe do Carme e cadran sempre o seguinte domingo á festividade da mesma.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Señorín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Señorín no concello do Carballiño (Ourense) | |
---|---|