Saltar ao contido

Sebas Moyano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSebas Moyano
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Villanueva del Duque, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Valencia Club de Fútbol Mestalla
2023- Real Oviedo Editar o valor en Wikidata

Francisco Sebastián "Sebas" Moyano Jiménez, nado en Villanueva del Duque o 23 de marzo de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Oviedo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do CD Villanueva del Duque, chegando a debutar co primeiro equipo, e en 2012 ingresou nas categorías inferiores do Córdoba.[1] O 1 de setembro de 2013 debutou co filial na Segunda División B, nun empate sen goles ante o Almería B.

Na tempada 2015/16 marcou 19 goles, pero unha lesión no xeonllo impediulle disputar a promoción de ascenso, na que o seu equipo conseguiu subir de categoría.[2] O 18 de marzo de 2017 xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, na Segunda División, substituíndo a Antoñito contra o Numancia.[3]

O 31 de xaneiro de 2019 saíu cedido ao Valencia Mestalla na busca de máis minutos, cesión que se prolongou un ano máis.[4][5]

O 7 de setembro de 2020 fichou polo Lugo. O 11 de novembro, con todo, foi cedido ao CD Ebro, porque non foi inscrito a tempo polo club galego.

De regreso a Lugo en xullo de 2021, Moyano converteuse nun titular habitual do equipo na tempada 2022/23, marcando cinco goles e participando en todos os partidos de liga, agás un, pero non puido evitar o descenso do equipo. O 14 de xuño de 2023, asinou un contrato de dous anos co Real Oviedo.[6]

O 17 de febreiro de 2024 marcou o seu primeiro triplete, nun partido contra o Burgos CF.[7]

  1. "Sebas Moyano: el niño se ha hecho hombre" (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  2. "Sebas Moyano dice adiós a la temporada" (en castelán). 10 de maio de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  3. "Empate en un mal partido sin ocasiones" (en castelán). 18 de marzo de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  4. "Acuerdo con el Valencia para la cesión de Sebas Moyano" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  5. "Sebas Moyano se marcha cedido al Valencia Mestalla" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  6. "Sebas Moyano, nuevo futbolista del Real Oviedo" (en castelán). 14 de xuño de 2023. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  7. "El Oviedo firma un partido redondo y aplasta al Burgos" (en castelán). 17 de febreiro de 2024. Consultado o 18 de agosto de 2024.