Sebastiana Vitales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1902 Ascó, España |
Morte | 19 de novembro de 2000 (98 anos) Venezuela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | activista política |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Francisco Ballón Pequeño |
Sebastiana Vitales Gascón, nada en Ansó (Huesca) o 21 de marzo de 1902 e finada en Venezuela o 19 de novembro de 2000, foi unha militante libertaria española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En novembro de 1920 emigrou aos Estados Unidos con 18 anos. Instalouse en San Francisco e alí coñeceu ao seu compañeiro Francisco Ballón Pequeño. Retornaron a Coruña durante a República. Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI, fundou Mujeres Libres na Coruña e colaborou en Solidaridad Obrera. Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 na xira propagandística galega de Federica Montseny. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida acusada de acoller na súa casa a Juan Díaz Lobelos e Justo Galán Barbero. Estivo unha tempada encarcerada na prisión provincial. Posteriormente estivo agochada, sobrevivindo facendo estraperlo de pan branco de Sada a Coruña e despois vendendo froita nas minas de volframio da Agualada en Coristanco. En 1954 emigrou a Venezuela coas súas dúas fillas.[1] En Venezuela mantivo contactos co profesor Ángel Rama, co círculo anarquista de Tomás Germinal Gracia Ibars (Víctor García) e co grupo editor da revista anarquista Ruta.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sebastiana Vitales na base de datos do proxecto Nomes e voces.