Saltar ao contido

Secretario (ave)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sagittarius serpentarius

No Parque Nacional do Serengeti
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Sagittariidae
(R. Grandori & L. Grandori, 1935)
Xénero: Sagittarius
Hermann, 1783
Especie: S. serpentarius
Nome binomial
'Sagittarius serpentarius'
(J. F. Miller, 1779)
Distribución xeográfica do Sagittarius serpentarius.
Distribución xeográfica do Sagittarius serpentarius.

Distribución xeográfica do Sagittarius serpentarius.
Detalle da cabeza, nunha ilustración de Louis Agassiz Fuertes.

O secretario ou serpentario,[2] Sagittarius serpentarius, é unha ave de rapina diúrna, a única especie da familia Sagittariidae. O Sagittarius serpentarius habita en todas as rexións de África ao sur do Sáhara, agás zonas de vexetación densa. O seu hábitat preferente é a sabana, sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.

O Sagittarius serpentarius non se encontra en perigo de extinción porén non é moi común atopalos debido en gran parte á súa baixa densidade de poboación. Os fósiles máis antigos desta ave foron encontrados en Francia, en formacións xeolóxicas do Mioceno.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O Sagittarius serpentarius é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 2 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un dimorfismo sexual significativo. A plumaxe é cincenta, coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun peteiro curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza presenta unha crista característica de plumas negras. As patas son moi longas e terminan en garras afiadas.

Vive habitualmente en parella, ás veces en grupos de 3 a 4 aves. Esta ave localízase sobre todo en terra, camiñando a cerca de 3 km/h, mais é unha excelente voadora que prefire planar nas correntes de ar ascendentes como os voitres. A súa alimentación é sobre todo a base de serpes, podendo tamén consumir roedores e anfibios. Mata as presas coas patas, menos frecuentemente adoita facelo co peteiro, que usa apenas para dominar animais de pequeno porte.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A época de reprodución vai, dependendo da súa distribución xeográfica, desde agosto a decembro. A parella constrúe un niño tipo plataforma, con cerca de 1,5 m de diámetro, no topo de árbores ou arbustos altos. A construción é xeralmente reaproveitada pola parella de ano para ano. Cada posta contén unha media dous ovos alongados, de cor cincenta azulada, que son incubados pola femia durante 40-46 días. Durante este período, a femia non abandona o niño e é alimentada polo seu compañeiro. As crías permanecen no niño durante cerca de dous meses e son coidadas polos dous pais. Aos tres meses xa son independentes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Maclean, G.L., 1993. Robert’s Birds of Southern Afreica. 6th Edition. John Voelcker Bird Book Fund