Secuestro
O secuestro é o acto de privar ilicitamente a unha persoa ou grupo de persoas da súa liberdade de movemento, normalmente durante un tempo determinado, e co obxectivo de conseguir un rescate ou obter calquera tipo de rédito político ou dos medios. As persoas que levan a cabo un secuestro coñécense como secuestradores.
Os secuestradores, xeralmente, e previo ao secuestro da súa vítima, seguen os seus movementos cotiáns durante días anteriores ao evento, coa finalidade de coñecer as súas rutas de tránsito e horarios habituais para así lograr con maior éxito a súa empresa delituosa. Cando se trata de bandas organizadas para cometer este tipo de delitos, organízanse en células, é dicir, hai suxeitos que se encargan de realizar as negociacións telefónicas cos familiares da vítima para esixir o pago do rescate, outros se encargan de prover de alimentos e vixiar á persoa secuestrada durante o tempo que dura en cativerio, así como que outros interveñen ao momento de someter á vítima ao momento de interceptala e trasladala ao lugar onde se manterá en cativerio, lugar que en ocasións é cambiado co fin de distraer a atención das autoridades no caso de que se denuncie o feito.
Por regra xeral, a lexislación de todos os países teñen penas moi elevadas para este tipo de delitos, chegando nalgunhas ocasións á pena de morte. En Estados Unidos foron executados varios secuestradores ao longo da súa historia. Tamén en multitude de ocasións os secuestros terminan co asasinato da vítima do mesmo e, en calquera caso, un secuestro sempre carrexa graves secuelas psicolóxicas ás vítimas dos mesmos.
Un dos trastornos psicolóxicos que poden derivarse dun secuestro é o chamado síndrome de Estocolmo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |