Secuestro óseo
Para outros usos, ver: Secuestro (homónimos)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Bony_sequestrum_in_a_child_femur.jpg/250px-Bony_sequestrum_in_a_child_femur.jpg)
Un secuestro óseo, tamén coñecido como sequestrum, pola súa denominación en latín, é unha doenza ósea na que unha peza de óso morto queda illado do tecido óseo que o arrodea, debido a un fallo no proceso de necrose e reparación do óso.[1] Prodúcese após unha osteomielite, sendo unha das complicacións máis frecuentes deste proceso. Tamén, aínda que de xeito moi excepcional, o secuestro pode estar provocado por un osteoma osteoide, un tipo de tumor óseo.
Fisiopatoloxía
[editar | editar a fonte]O secuestro óseo case sempre é secundario e como complicación dunha oseomielite, unha infección do óso. Por mor da infección e os exsudados que esta fai secretar, a presión intramedular aumenta. Debido a este aumento de presión, o periósteo deixa de estar en contacto co resto do tecido óseo. Este feito provoca unha trombose avascular, xa que o periósteo é a estrutura encargada de fornecer de nutrientes ao óso. Posteriormente prodúcese unha necrose no óso, que se se produce aberrantemente pode dar lugar ao secuestro óseo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bony sequestrum: a radiologic review. Pubmed.gorv