Saltar ao contido

Secundino Abelenda Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSecundino Abelenda Baltar
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesConín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6490

Secundino Abelenda Baltar, coñecido como Conín, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1910, foi un marñeiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro do Carril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Foi detido a finais de 1938 como desertor de Mariña xunto con Juan Domingo Velo Buceta, Manuel Celso Cayón Loureiro, Manuel González Oliveira e Ramón Rodríguez Eiras.[1] Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión o 7 de setembro de 1939, foi condenado a 20 anos de prisión. A pena foi conmutada a 8 anos de prisión en 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1939.[2] Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1941.[3] Colaborou nas actividades clandestinas do Partido Comunista de España, cando Ramón Amilibia Machimbarrena intentou reconstruír o partido en Vigo logo da caída de Eladio Rodríguez, Francisco Barreiro e Jacinto Nogueira en outubro de 1941. Volveu ser detido en 1943 e ingresou na Prisión de Madrid o 13 de xullo. Cumpriu condena no Penal de El Puerto de Santa María, Prisión de Santiago de Compostela, El Dueso, Central de Burgos e novamente Colonia Penitenciarla del Dueso de onde saíu en liberdade condicional en febreiro de 1952.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de Moncho, Javier e Marina Abelenda.

  1. El Pueblo Gallego, 2-12-1938, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 28-10-1939, p. 5.
  3. BOE, 17-6-1941, p. 5341-5342.
  4. BOE, 29-3-1952, p. 1410.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. p. 382. ISBN 9788417873707. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]