Segunda dinastía de Exipto
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 2890 a. C. | ||
Disolución | 2686 a. C. | ||
Sucedido por | Terceira Dinastía de Exipto | ||
A Segunda Dinastía de faraóns exipcios forma parte, coa primeira dinastía, do período Arcaico, e transcorre aproximadamente entre o 2850 e o2700 a. C..
Non se aprecia unha clara ruptura entre a primeira e a segunda dinastías. Algúns indicios fan supor a pacificación lograda entre as Dúas Terras, o Alto Exipto e o Baixo Exipto, como reflicte o nome do primeiro dos seus reis, Hetepsekhemui "os dous poderes están en paz".
Esta dinastía marca un reforzamento do poder absoluto baseado nunha organización centralizada e a utilización máis intensiva da escritura (aumento de burocracia). Menfis convértese na capital do reino do norte con Uneg e Sened.
Hai indicios dunha crise de rivalidade entre Tinis e Menfis, reflectida no ronsel de Peribsen, onde o "Nome de Seth" substitúe ao "Nome de Horus".
Os reis da segunda dinastía deben loitar contra os nubios e lograr a pacificación do norte do país, que só a conseguirá Khasekhemui, ao final da dinastía.
A segunda dinastía pecha o período Arcaico ou Tinita, (nome dado do lugar de onde procedían os primeiros faraóns das dúas primeiras dinastías, Tinis, This en exipcio, preto de Abidos)
Gobernantes
[editar | editar a fonte]Para os tres primeiros faraóns, as fontes están bastante de acordo e a orde está apoiada por unha inscrición na estatuíña de Hetepdief, que serviu nos cultos mortuorios destes tres reis.[1]
Nome | Anos de reinado | |
---|---|---|
Hetepsekhemui | 25-29 | |
Nebra | 10–14 | |
Ninetjer | 40 |
Pero a identidade dos seguintes gobernantes non está clara. As fontes sobreviventes poderían estar dando o nome Horus ou o nome Nebty e os nomes de nacemento destes gobernantes. Tamén poden ser individuos completamente diferentes ou poden ser nomes lendarios. É posible que isto nunca se resolva.
Teorizouse que despois do reinado de Nynetjer, o país dividiuse e gobernárono dous sucesores debido á complexa administración estatal de todo Exipto.[2]
A seguinte lista contén varios nomes de rei de diferentes fontes:
Nome | Notas | |
---|---|---|
Weneg | Lista como o cuarto rei da dinastía nas listas reais de Turín, Saqqara e Abidos. Só acreditado no Baixo Exipto.[3] Weneg é xeralmente aceptado como un nome nebti (ou trono) e descoñécese cal era o seu nome horus.[4] Teorízase que é a mesma persoa que Raneb[5], Sekhemib-Perenmaat[6] ou un rei completamente á parte dos outros da segunda dinastía. | |
Sened | Lista como o quinto rei da dinastía nas listas reais de [[[Lista real de Turín | Turín]], Saqqara e Abidos. Horus nome descoñecido. Pode identificarse con Horus Sa.[7] | |
Neferkara I | Só testemuñado en documentos posteriores datados moito despois do período da segunda dinastía. Listado como o sexto rei da dinastía nas listas reais de Saqqara e Turín, pero omitido na Lista Real de Abidos. Pode que só gobernase o Baixo Exipto. | |
Neferkasokar | Só testemuñado en documentos posteriores datados moito despois do período da Segunda dinastía. Listado como o sétimo rei da dinastía nas listas reais de Saqqara e [[[Lista real de Turín | Turín]], pero omitido na Lista real de Abidos. Pode que só gobernase o Baixo Exipto. | |
Hudjefa I | O nome significa literalmente "borrado" ou "desaparecido", mostrando que o nome deste rei era descoñecido ou perdido pola XIX Dinastía. Listado como oitavo rei da dinastía na Tableta de Saqqara, pero omitido na Lista real de Abidos. Só puido gobernar no Baixo Exipto. Teorízase que pose der a mesma persoa que Peribsen e puido ser omitido deliberadamente.[8] | |
Seth-Peribsen | Nome relacionado coa deidade Seth en lugar do tradicional Horus. Testificado por inscricións contemporáneas, pero non nas listas de reis posteriores. Só testemuñado no Alto Exipto.[9] | |
Sekhemib-Perenmaat | Testemuñado por inscricións contemporáneas, pero non nas listas reais posteriores. Pode ser a mesma persoa que Seth-Peribsen[10] ou o seu inmediato sucesor.[11][12] | |
Nubenefer | Nome de nacemento dun rei, colocación descoñecida. O nome non aparece en ningunha lista real oficial coñecida. Pode ser o nome de nacemento de Raneb[13] ou un rei efémero completamente separado que gobernou nalgún momento despois do reinado de Ninetjer.[14] |
Co último gobernante, as fontes volven a estar de acordo:
Nome | Ano de reinado | |
---|---|---|
Khasekhemui | 17–18 |
Outra opción sería a seguinte, aínda que só coñécense con seguridade os nomes e a orde dos catro primeiros soberanos e do último, pero non se puido identificar case ningunha tumba real.
Nome | Comentarios | Reinado (anos) |
---|---|---|
Hetepsekhemui | - | 23 |
Raneb | - | 39 |
Ninetjer | - | 23 |
Weneg | - | 8 |
Sened | - | 20 |
Neferkara | - | - |
Neferkasokar | - | - |
Hudjefa | - | - |
Sejemib* | - | - |
Peribsen* | - | 17 |
Khasekhem ** | - | - |
Khasekhemui ** | - | 27 |
Segundo Manetón, Tinis era a capital do estado, como na Primeira Dinastía, pero os tres primeiros reis foron enterrados en Saqqara, o que suxire que o centro do poder se mudara a Menfis. Máis aló disto, pouco se pode dicir sobre os acontecementos durante este período xa que os rexistros anuais sobre a pedra de Palermo só perviven ata o final do reinado de Raneb Nebra e parte de Ninetjer. Un acontecemento importante, a unificación do Alto e Baixo Exipto, puido ocorrer durante o reinado de Khasekhemui xa que moitos exiptólogos len o seu nome como "xorden as Dúas Potencias".
Cronoloxía da segunda dinastía
[editar | editar a fonte]Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos:
- Primeiro faraón: Hotepsekhemui
- 2850- ¿? (Krauss)
- 2850-2820 (Redford)
- 2828-2800 (von Beckerath)
- 2793-2765 (Malek)
- Último faraón: Khasekhemui
- c. 2740- ¿? (Krauss)
- 2714-2687 (Redford)
- 2709-2682 (von Beckerath)
- 2690-2663 (Dodson)
- 2674-2647 (Malek)
Cronograma
[editar | editar a fonte]- Datos aproximados, segundo von Beckerath e Redford (Sejemib)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wilkinson, Toby A. H. (1999). Early Dynastic Egypt. Routledge. p. 83. ISBN 0-415-26011-6.
- ↑ Nicolas Grimal:A History of Ancient Egypt. Wiley-Blackwell, Weinheim 1994, ISBN 978-0-631-19396-8, páxina 55.
- ↑ Wilkinson, Toby A. H. (1999). Early Dynastic Egypt. Routledge. p. 88. ISBN 0-415-26011-6.
- ↑ Wilkinson, Toby A. H. (1999). Early Dynastic Egypt. Routledge. p. 87. ISBN 0-415-26011-6.
- ↑ Kahl, Jochem (2007). "Ra is my Lord". Searching for the Rise of the Sun God at the Dawn of Egyptian History. Wiesbaden.
- ↑ Wolfgang Helck: Untersuchungen zur Thinitenzeit. Otto Harrassowitz, Wiesbaden 1987, ISBN 978-3-447-02677-2, page 103–107.
- ↑ Von der Way, Thomas (1997). Zur Datierung des "Labyrinth-Gebäudes" auf dem Tell el-Fara'in (Buto). Göttinger Miszellen 157. pp. 107–11.
- ↑ Wolfgang Helck: Untersuchungen zur Thinitenzeit: Ägyptologische Abhandlungen., Volume 45. Otto Harrassowitz Verlag, Wiesbaden 1987, ISBN 3-447-02677-4, page 125.
- ↑ Wilkinson, Toby A. H. (1999). Early Dynastic Egypt. Routledge. p. 89. ISBN 0-415-26011-6.
- ↑ Walter Bryan Emery: Ägypten - Geschichte und Kultur der Frühzeit. Fourier, Munich 1964, page 106.
- ↑ Wolfgang Helck: Untersuchungen zur Thintenzeit. (Ägyptologische Abhandlungen, Volume 45), Otto Harrassowitz, Wiesbaden 1987, ISBN 3-447-02677-4, page 104–111 & 183.
- ↑ Hermann A. Schlögl: Das Alte Ägypten. Geschichte und Kultur von der Frühzeit bis zu Kleopatra. Verlag C. H. Beck, München 2006, ISBN 3-406-54988-8, page 78.
- ↑ I. E. S. Edwards: The early dynastic period in Egypt; Cambridge University Press, Cambridge 1964; page 25.
- ↑ Wilkinson, Toby (1999). Early Dynastic Egypt. Routledge. p. 89. ISBN 0-415-26011-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dinastía II (en inglés)
- Xenealoxía, Reis e Reinos: Segunda Dinastía de Exipto[Ligazón morta] (en castelán)
Dinastía precedente | Dinastía | Dinastía seguinte |
---|---|---|
Primeira Dinastía | Segunda Dinastía | Terceira Dinastía |